Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Un antídoto para o autoodio
Añadir a Del.icio.us la noticia Un antídoto para o autoodio
Añadir a Menéame la noticia Un antídoto para o autoodio
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Lingua

Un antídoto para o autoodio

Os escritores conversan cos seus lectores alófonos

X. R. S. . COMPOSTELA

Os escritores convidados posaron cos alumnos antes de comenzar o acto
Os escritores convidados posaron cos alumnos antes de comenzar o acto
Nun salón de graos ateigado e caloroso daba comezo puntual o encontro dos ex alumnos de Cursos de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros da USC con escritores e escritoras galegos. Estaban Suso de Toro, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Fina Casalderrei e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Segundo o profesor Manuel González, organizador do encontro e moderador na xornada de onte, o acto era case unha esixencia dos alunos, que tiñan interese en reencontrarse con autores que xa estiveran presentes, e outros que non, para falar sobre o panorama actual da literatura galega.

Aínda que a idea era pasar directamente ao coloquio, a ausencia de intervancións do público esixiu dos autores unha breve intervención, na que se explicitou o avance social do galego. En palabras de Ferrín, "é unha milagre, por raro que sexa isto nun ateo, o estardes aquí. Cando eu tiña a vosa idade, non había cursos de galego ningúns, para estranxeiros nin para naturais". Tamén Casalderrei lembrou os tempos nos que non podía vivir plenamente "na lingua na que soñaba", entre asentimentos xeneralizados no público.

Suso de Toro comentou dos escritores en linguas minorizadas "teñen perdida certa inocencia, pois que a maiores que procurar a súa realización, como calquera autor, tiveron que reflexionar sobre o historia, cultura e idioma, e tomar unha decisión sobre que lingua empregar que os acompañaría sempre".

Foi, así e todo, a intervención de Manuel Rivas a que conseguiu arrincar un aplauso máis prolongado do público, despois de presentar un pequeno ensaio e un poema.

Xa logo tocaron as intervencións dos ex alumnos, galegofalantes de Xapón, Brasil, Arxentina, Chile, Cuba, India e case que todo o territorio europeo.

Un chileno interésase polos discos Poetas e Narradores nas súas voces, editados polo Consello da Cultura, polo valor de escoitar a pronuncia do idioma que están a estudar para os seus alunos no país andino; pouco menos que unha labazada nun país en que o acento dos galegofalantes é cada vez máis semellante ao do castelán. Doutra banda, a cuestión da proxección exterior da literatura galega achegou unha reflexión valiosa. En palabras de Ferrín, "a literatura galega é invisíbel, mais tamén o é a árabe, con millóns de falantes, ou a chinesa en iguais circunstancias. Se algún africano acada o Nobel, é por escribir en inglés. E tampouco o español é un idioma moi traducido a nivel europeu". Unha dose de antídoto ao autoodio derrotista, aínda que só sexa por compartir os problemas.

DATOS

"Estamos aquí porque resistimos"

A actualidade dos ataques contra as linguas cooficiais do Estado tivo presenza tamén no encontro.

Ferrín falou claro: "a nosa é unha lingua asoballada que resistiu sobre todo pola fidelidade do pobo galego.Tamén por elites, poucas cuantitativamente, da altura da xeración Nós, Otero Pedrayo ou Manuel Antonio, que souberon construír unha cultura galega aberta ao mundo sen o español de intermediario. Estamos aquí esta tarde porque resistimos, e non imos ceder nada nas nosas conquistas lingüísticas; a pesar da ofensiva que estamos a vivir no Estado español contra o galego, o vasco e o catalán, o desprezo cara ao asturiano, o aragonés, e todas as minorías lingüísticas."

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Un antídoto para o autoodio
Añadir a Del.icio.us la noticia Un antídoto para o autoodio
Añadir a Menéame la noticia Un antídoto para o autoodio
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade