Xoán Xosé Fernández Abella
Aguilloada primeira
A Jano Leis para que cambie de táctica, se ese milagre fose posíbel.
Pepeano Jano Leis:
non sabes ser derrotado;
e andas, dun lado a outro lado,
con xeitos do máis infieis,
queréndoos pasar por fieis.
Que ben se che ve o plumeiro
de ser, non sendo, o primeiro
alcalde da oposición!
Sigue coa túa obstinación
e faraste derradeiro.
Aguilloada segunda
Para o Partido Popular, namoradísimo do poder.
Ou!, Partido Popular;
en verdade, milagreiro:
despeléxanse primeiro,
despois quérense a rabiar.
E iso nunca vai cambiar,
pois que o que importa é o poder
para ao mandiño acceder.
-E a verdade? -Que tolemia!
Hai no PP unha epidemia:
Que dividirse é perder.