Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Añadir a Del.icio.us la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Añadir a Menéame la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

A cultura perde a Ramiro Fonte, unha icona da Xeración dos 80

Ramiro Fonte, unha das voces que cohesionaron os principios estéticos da Xeración dos 80, morreu onte en Barcelona. Tiña 52 anos e levaba tempo loitando –sempre con optimismo e afervecida escrita– contra unha enfermidade que finalmente non logrou vencer. Ás súas costas deixa máis de catro mil páxinas e dous poemarios que, só por uns días, non puido ver publicados

A.R. LÓPEZ

Ramiro Fonte conversa co escritor Manuel Alberto Valente nun encontro en Povoa do Varzim –era director do Centro Cervantes de Lisboa– no ano 2006
Ramiro Fonte conversa co escritor Manuel Alberto Valente nun encontro en Povoa do Varzim –era director do Centro Cervantes de Lisboa– no ano 2006
Mañá mesmo chegan da imprenta os exemplares de Reversos, o poemario que Ramiro Fonte escribiu ao longo dos últimos meses e que Xerais ía distribuír nas librerías antes de acabar outubro, nun intento para lograr que o escritror o tivese entre as mans o antes posible. Non puido ser. O pasado setembro, e tras meses de loita contra un cancro que parecía a punto de dominarse, Ramiro Fonte subriu unha recaída e debeu trasladarse a Barcelona, onde xa fora operado. A primeiras horas da madrugada de onte morreu. Atrás deixa, como subliñaba o seu editor, Manuel Bragado, máis de catro mil páxinas de narrativa e poesía, algunhas delas aínda frescas, como estes Reversos inalcanzables xa ou como Xardín do Pasamento, un libro de poesía infantil de próxima aparición en Tambre que lle dedicou á súa afillada.

Integrado na denominada Xeración dos 80 -foi un dos pesos pesados do grupo vigués, xunto a Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafael Baixeras e Manuel Forcadela-, Ramiro Fonte publicou no 1983 o seu primeiro poemario, As cidades da nada, un libro que ía definir pefectamente a estética da xeración, marcada por un culturalismo da linguaxe que buscaba romper as trabes da poesía social imperante desde finais dos anos sesenta. Posteriormente, apontoaría unha traxectoria de forte impronta persoal cuns versos que fundirían un neoclasicismo de métrica rigorosa e un progresivo intimismo. A súa obra capital, segundo a crítica, chegou porén na narrativa: a monumental triloxía sobre a súa infancia.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Añadir a Del.icio.us la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Añadir a Menéame la noticia A cultura perde
a Ramiro Fonte,
unha icona da Xeración dos 80 Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade