| ||||||||||||||
Onte aínda continuaban as mostras de dor polo falecemento dun escritor que se sentía principalmente pero que tamén cultivou con éxito a novela, o relato e as memorias, xénero este último no que publicou unha extensa triloxía, considerada por moitos dos seus admiradores como a súa obra capital. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, dirixiuse en nome da cámara galega á familia de Fonte para transmitirlles as súas condolencias e todo o seu apoio polo falecemento. Previamente, foi remitido o pésame por parte do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; o ministro de Cultura, César Antonio Molina, ou a conselleria Cultura, Ánxela Bugallo. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) anunciou que lle dedicará ao poeta unha homenaxe nos próximos meses. Nela, participarán os seus compañeiros de xeración e poetas doutros grupos, segundo manifestou onte o presidente da asociación, Cesáreo Sánchez. De momento, a AELG baralla tres espazos para a homenaxe: o seu Pontedeume natal, A Coruña ou Vigo, a cidade na que pasou boa parte da súa vida. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||