Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Jueves 20.11.2008  |  Actualizado 20.17
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pessoa no feminino
Añadir a Del.icio.us la noticia Pessoa no feminino
Añadir a Menéame la noticia Pessoa no feminino
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

EScena

Pessoa no feminino

O Centro Dramático Galego estrea hoxe no Teatro Jofre de Ferrol a súa nova produción, "Feminine", unha peza que esculca o universo do poeta portugués a través do ollar de cinco mulleres

REDACCIÓN . FERROL

A obra é interpretada polas bailarinas Elisabeth Lambeck, Erika Guastamacchia e Leonor Keil, São Castro e a actriz Margarita Gonçalves
A obra é interpretada polas bailarinas Elisabeth Lambeck, Erika Guastamacchia e Leonor Keil, São Castro e a actriz Margarita Gonçalves
Unha esculca do universo do poeta Fernando Pessoa a través da ollada de cinco mulleres. É a proposta da peza Feminine, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CDG), cuxa estrea acollerá hoxe o Teatro Jofre de Ferrol a partir das 20:30 horas. Impulsada polo CDG en colaboración coa compañía Paulo Ribeiro, a obra, interpretada polas bailarinas Elisabeth Lambeck, Erika Guastamacchia, Leonor Keil, São Castro e a actriz Margarida Gonçalves, conta na coreografía e dirección co propio Paulo Ribeiro, mentres que Nuno Rebelo se encarga da música.

A coprodución permitiu que as galegas Olalla Pérez Lemus e Andrea Álvarez Pino participasen no proceso de creación de Feminine como axudantes de dirección e produción, respectivamente. Ademais, Peter Michael Dietz, asistente de coreografía de Paulo Ribeiro, impartirá en decembro en Galiza un work-shop dirixido a estudantes e profesionais da danza e outras artes do movemento.

Paulo Ribeiro explora en Feminine, tras a estrea o ano pasado de Masculine, un Pessoa no feminino.Os tacóns ocupan neste novo espectáculo o lugar do balón de fútbol de Masculine. As palabras do poeta desafían as das cinco mulleres. Elas desdeñan ao home, e bailan cun movemento contido e escorreito, mentres o coreógrafo as convida a rir delas mesmas.

O director desta obra é un profesional cunha exitosa carreira no mundo da danza. É cofundador da compañía Stridanse coa que recibiu numerosos galardóns. En 1988 comeza a colaborar coa Compañía de Danza de Lisboa e co Ballet Gulbenkian. A partir de 1991 o seu traballo como coreógrafo esténdese ao plano internacional, coa creación de obras para compañías como Nederlands Dans Theater II, Nederlans Dans Theater III, Grand Théâtre de Genève, Centre Chorégraphique de Nevers ou Ballet de Lorraine.

En 1995 fundou a compañía Paulo Ribeiro, que o levou a acadar premios como o Circulaçao Nacional e Circulaçao Internacional no concurso Mudanças de Portugal, ou o Pris d"Auteur, New Coreography Award e Prix d"Interpretation Collective no V Rencontres Chorégraphiques Internationales de Seine Saint-Denis en Francia.

Paulo Ribeiro foi director xeral e de programación do Teatro Viriato (Viseu) entre 1998 e 2003, cargo que recupera en 2005, despois de dirixir o Ballet Gulbenkian. Por estes traballos recibe o Premio Bordalo da Casa da Imprensa Portuguesa e o Premio Almada do Instituto Portugués das Artes do Espectáculo. Tras a estrea en Ferrol, Feminine visitará até abril de 2009 distintos escenarios de Galiza e Portugal, e participará no mes de febreiro no Festival New Territories de Glasgow (Escocia).

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pessoa no feminino
Añadir a Del.icio.us la noticia Pessoa no feminino
Añadir a Menéame la noticia Pessoa no feminino
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade