| ||||||||||||||
Domarco explicou que, a pesar de estar xubilado na docencia e na investigación, segue colaborando no desenvolvemento de varios experimentos que deron lugar a once patentes da facultade ourensá, e outra que permitirá desenvolver un acumulador de enerxía inédito, grazas a unha patente lograda hai un mes. O físico explicou que os supercondutores coñécense desde hai tempo pero os avances son lentos e, a partir do premio Nobel de Física de 1987, outorgado a dous científicos de Alemaña e Suíza, sóubose dun material cerámico capaz de conducir electricidade con resistencia e perdas nulas. Este material é o que agora lle merca a Facultade de Física a unha empresa de Alemaña e a outra de Austria, segundo Domarco, para elaborar en Ourense aneis cos que se experimenta a supercondutividade, ó cargar o interior con enerxía eléctrica e logo introducilo en nitróxeno líquido, que mantén unha temperatura de 200 graos centígrados baixo cero. Con esta base, ademais de once patentes de diversos experimentos, o departamento de Física Aplicada patentou hai un mes o que, segundo Domarco, podería ser a orixe dun novo tipo de acumulador de enerxía. Durante o próximo ano elaborará un prototipo que permitirá acumular a enerxía producida nun muíño eólico durante as épocas de exceso de vento, para poder enviala á rede cando o vento é insuficiente. A experiencia de Domarco como científico comezou en Alemaña, onde traballou nunha fábrica, mentres estudou Física Experimental e logo seguiu en Francia, na universidade de París, onde se licenciou en Enxeñería de Materiais e acabou Física. En París, o seu labor investigador de 13 anos virou ao redor dos supercondutores e recordou que nos anos 1974 e 1975 traballou con materiais que eran supercondutores a unha temperatura coñecida como "cero absoluto" que equivale a 273 graos baixo cero. Domarco é natural de Ourense e volveu a esta cidade en 1977, convencido pola súa familia, onde comezou a traballar na factoría que tiña entón Citroën no polígono industrial de San Cibrao das Viñas como técnico "xa que en España non se me recoñeceu o título de enxeñeiro de materiais que obtiven fóra". A súa licenciatura e especialidade en Física si puido convalidalas en 1995 e, desde entón, traballou en colaboración co físico Félix Vidal, da USC e co xefe de Física Aplicada en Ourense, Luís Romaní. EXPERIENCIAFoi nunha cea de colegas onde xurdiu a idea de crear un acumulador de enerxía. A pesar dos seus 70 anos, Domarco considera que está no mellor momento como científico pola grande experiencia acumulada. Ademais, comentou que non entende que isto non se teña en conta á hora de xubilar un investigador polo que avogou pola figura do científico emérito, recoñecido e con salario, igual que existe o de docente emérito. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||