| ||||||||||||||
Unha afirmación que fas nese libro de entrevistas é sobre o carácter sacro da literatura galega... A literatura galega acababa de vivir unhas circunstancias de represión e de clandestinidade, converteuse case nun emblema, e moita xente ten declarado que a literatura galega era un territorio liberado, a pesar da censura e da persecución, pero o feito de ser así, levou a que fose moi venerado, co que durante os primeiros anos da democracia, a literatura galega era algo sacralizado e moi venerado, un símbolo de referencia incluso para o propio nacionalismo.
Evolucionamos en vinte anos dunha cultura precaria a unha cultura sólida, o cal, se o comparamos con outros casos, é unha evolución moi rápida. ¿A estas alturas, podería dicirse que Galicia se puxo a andar? Sen dúbida ningunha. Aínda que non poidamos dicir que todo o que temos é excelente, porque sería carecer de autocrítica, si é certo que estamos a un nivel máis que aceptable sobre todo en relación coa nosa dimensión xeográfica e poboacional. Galicia é un país de creadores, ten unha literatura que, en comparación, potencialmente ten unha forza e unhas dinámicas moi poderosas.
Hai unha pregunta que deixas caer varias veces ao longo do prólogo, e é se nos atopamos nun país culturalmente normal. Non obstante, non respondes a esa pregunta. ¿Como o ve alguén que apreciou o seu desenvolvemento? Os medios neste momento non reflicten a talla real do uso da lingua galega, e por tanto, tampouco a dan para as manifestacións artísticas, o que impide un diálogo fluído dos creadores dos produtos culturais cos seus receptores. Por outra banda,a sociedade galega ten que valorar máis o que produce, porque parece que só se aprecia no momento en que estas obras triunfan fóra. Acaba de editarse en castelán tamén unha das túas obras: "Cartas de amor", un libro no que as protagonistas son invariablemente mulleres e que aborda temáticas sociais como guerras, embarazos, lesbianismo... ¿Como se prepara un autor masculino para profundar na psicoloxía feminina? É algo complicado, sobre todo polo feito de intentar enganar a xente dando a idea de que quen conta a historia é unha muller. Pero esa mirada feminina foi inconsciente. O proxecto inicial non tiña iso como base, pero a medida que avanzaba, foi adquirindo ese carácter. O amor non protagoniza os relatos, pero é o resorte que fai que a trama se de- senvolva.
O PERFILDocumentación fronte a incerteza Respecto da abondosa presenza da muller nas súas obras e da posibilidade que isto se deba a unha sensibilidade con determinados temas máis sociais fronte a uns homes que, tradicionalmente, se senten inclinados cara a temas máis políticos ou económicos, Fran Alonso considera que esas diferenzas se ven no día a día e que algo "que se aprecia claramente no ámbito de animación á lectura, onde traballan mulleres fundamentalmente. E a animación á lectura é algo estratéxico para a sociedade. Os homes debemos reconcibir seriamente as cuestións que consideramos primordiais, ou do noso interese". Sobre a súa documentación xornalística que pode haber detrás dun libro como en "Un país a medio facer", afirma que intenta recoller "as voces das persoas do cotián e da realidade social máis inmediata. Como escritor, ás veces síntome inseguro de escribir do que non coñezo. A documentación exhaustiva resolve esta incerteza". comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||