Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A historia do paraíso triste 
Añadir a Del.icio.us la noticia A historia do paraíso triste 
Añadir a Menéame la noticia A historia do paraíso triste 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

escrita

A historia do paraíso triste

Xosé Ramón Pena recrea na súa última novela a Lisboa de primeiros dos anos 40, cun relato no que a intriga e a espionaxe conflúen co desamor e a traizón da amizade

M. D. . SANTIAGO

Xosé Ramón Pena mantén desde os 18 anos unha relación especial coa cidade de Lisboa
Xosé Ramón Pena mantén desde os 18 anos unha relación especial coa cidade de Lisboa
Antoine de Saint-Exupéry, o autor de O Principiño, definiu Lisboa, ao seu paso pola cidade no 1940, antes de partir para América, como un paraíso triste. Esta anécdota serviulle ao escritor Xosé Ramón Pena para darlle título á súa nova novela, A batalla do paraíso triste, un relato de intriga e espionaxe, amores e desenganos, traizóns... que Xerais publicou recentemente.

"Hai uns 20 anos, chamoume a atención a historia do movemento dos "camisas azuis", de Rolão Preto, que tivo a idea de anexionar Galicia. Interesábame a posición de Portugal na Segunda Guerra Mundial, pero non tiña moi claro que era o que ía facer: unha novela, un ensaio histórico... Por outro lado, pensara nun conto, nunha novela... sobre unha historia de amor-desamor, que nun principio non ía estar situada en Lisboa nin nun lugar concreto. Hai uns dous anos volvín sobre o tema da Segunda Guerra Mundial, e decateime de que podia atopar un punto de encontro entre as dúas historias: a traizón, o desamor.... Acabou saíndo unha mestura de xéneros", comentou o autor.

Fernando Freitas, un antigo oficial portugués, descrido coa súa profesión, e cun Estado, o salazarista, que consente a miseria e reprime a disidencia en campos de concentración, coprotagoniza a novela, xunto con Pimenta, un salarazista declarado que rouba o ouro dos nazis en conivencia coa amante de Freitas, a actriz Catarina Gusmão. Fernando Freitas chega a Lisboa buscando un visado para fuxir a América, despois de deixar Francia ante o avance dos nazis, e acabará traballando para Pimenta.

"Pimenta pode representar o fascismo sociolóxico. En España e Portugal houbo moitas persoas que, sen ser fascistas no sentido alemán do termo, vian o seu mundo en perigo, e abrazaron un credo que os parecía fornecer de forza fronte á ameaza de ver o seu mundo destruído. Freitas defínese máis polo que non lle gusta. Pimenta acúsao de nihilista: non é socialista, nin comunista... pero o que ten claro é que é antifascista, e nun momento escolle un camiño", explicou o autor.

DATOS

O dinamismo de estilo e estrutura

A novela trata de enganchar o lector desde o principio, e lógrao, apoiada nun estilo áxil, e nunha estrutura en capítulos non moi longos que intercalan historias e personaxes sen que o fío se perda.

DATOS

A dobre perspectiva

O relato está contado a través dun narrador: un historiador que descobre o seu parentesco con Freitas, e desentraña a súa historia a través dos documentos que este deixara. "A novela non quedaría completa só con Freitas. Non quería un narrador omnisciente, senón un que puidese contar as repercusións dos acontecementos. Precisaba as dúas perspectivas, e tamén un xeito de levar a historia ao tempo presente. Non é un narrador neutral, permite contar a historia con certa distancia, introducir o flashback...", dixo o autor.

A realidade e a ficción

O libro recrea a Lisboa da época, a súa "miseria" e "melancolía", segundo escribe Pena, ao tempo que a súa beleza e a forza de atracción que, sobre o autor, exerce a cidade e a súa cultura.

Un lugar que, no contexto da postura "neutral" adoptada por Salazar na Segunda Guerra Mundial, se converte no porto de saída cara a América de moitos europeos ante o avance nazi, e en escenario de espionaxes e traizóns. A novela recolle algúns feitos reais, como os plans de Rolão Preto de anexionar Galicia.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A historia do paraíso triste 
Añadir a Del.icio.us la noticia A historia do paraíso triste 
Añadir a Menéame la noticia A historia do paraíso triste 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade