Sinaturas que normalizan o idioma
Escritores, mestres e políticos piden a aplicación do plan no ensino
E. P. . SANTIAGO . E. P.
Escritores, pedagogos e representantes sindicais apoiaron a iniciativa da Mesa Pola Normalización Lingüística na lle que piden ao Goberno galego a aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (Pxnlg) no ensino para o vindeiro curso 2006-2007. Segundo recordou onte A Mesa, o Pxnlg aprobouse por unanimidade no Parlamento galego e recolle unha oferta educativa para Preescolar e para Educación Infantil e fixa un terzo do horario semanal en galego nas devantidas etapas educativas nos eidos nos que a lingua predominante sexa o castelán. Ademais, este plan ligüístico garante que o 50 por cento da docencia en todas as etapas de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelatos e nos ciclos formativos sexa en galego. A Mesa lembrou que o bipartito se comprometeu "activamente" á aplicación de medidas, recollidas no Pxnlg, para a galeguización de maneira "efectiva e inmediata" do ensino. Por estes motivos, as persoas que asinaron o manifesto entenderon que a sociedade galega "non pode agardar máis" a que se cumpran estes mínimos. Por outra banda, indicaron que esta norma "debería ir acompañada" de todo tipo de apoio e información ao profesorado, como a opción de cursos especiais a quen o precise, distribución de recursos en galego e campañas de sensibilización. Entre os asinantes, destacan os escritores Suso de Toro, Manuel Rivas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Alfredo Conde, Luz Pozo, Agustín Fernández Paz, Xavier Queipo, Rosa Aneiros e Yolanda Castaño; os pedagogos Antón Costa, Teresa Núñez, Lucía Iglesias, Narciso de Gabriel; e os presidentes da renovación pedagóxía Nova Escola Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xosé Lastra e Xoán Costa, respectivamente. Ademais, tamén subscribiron o manifesto o secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao; un membro da executiva nacional de CCOO, Tensi lvarez; así como os profesores da USC Carme Hermida, Margarita Ledo, Xosé López e Miguel Túñez. DATOS O Bierzo comeza a celebrar o Día das Letras Galegas Como en anos anteriores a Asociación Berciana da Lingua "Xarmenta" (www.xarmenta.tk) realizará unha serie de actos no Bierzo para celebrar o Día das Letras Galegas de 2006. As primeiras actividades terán lugar en Ponferrada, comezarán coa exposición Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra, realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Esta exposición consta de 12 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e mais pola obra de Manuel Lugrís Freire (Sada, A Coruña, 1863-A Coruña, 1940), figura a quen se lle dedica o Día das Letras. A seguinte actividade tamén terá lugar na UNED e será o día 12 de maio. Neste día ás 20.00 terá lugar unha conferencia didáctica a cargo do profesor e investigador Xabier Campos Villar e estará centrada na historia do Día das Letras Galegas e mais na figura do homenaxeado. Cómpre sinalar que estará no Bierzo un dos máximos especialistas na obra de Lugrís Freire, Xabier Campos Villar, autor de Lugrís Freire, unha biografía (Galaxia, 2006), Manuel Lugrís Freire. Antoloxía (Galaxia, 2006), Dicionario: Manuel LugrísFreire (3c3 Editores, 2006) e da reedición de A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire.
comentario [ 1 ]
DIA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO POR FALA CEIBE
silvinha
11.05.2006 17.53
Estimado Amiga:
Pola presente poño no seu conocemento , a celebración do Dia das Letras Galegas no Bierzo , que se vai celebrar o próximo dia 12 de Maio no salón de actos do Edifico de Servicios Multiples do Campus de Ponferreda entre as 5 e as 8 da tarde,e no que nos gostaría muito poder contar coa sua presencia nos actos , de nom poder asistir vostede em persoa ,gustaríanos se poidera vir alghuém no seu nome.
Atentamente o saúda :
Silvia Ribas.
Cordinadora do Dia Das Letras Galegas no Bierzo 2006.
600627399
DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2006
POR FALA CEIBE
Este ano, na celebración do Dia das Letras no Berzo, Fala Ceibe realizará umha homenaxe a Aquilino Poncelas e a Alícia Fonteboa.
Aquilino Poncelas Abella, é autor dos livros “Contos e Lendas do Bierzo”, bilíngüe galego e español, editado polo Instituto de Estudos Bercianos, em Novembro de 2004, com o patrocínio da Xunta da Comunidade Autónoma de Galiza, a Xunta de Castela e Leom,o Consello Comarcal do Bierzo, o Concello de Ponferrada, o Instituto Leonés de Cultura e Caixa España; “Contos do Bierzo e os Ancares”, editado pola Asociacióm Cultural Carocos, de Val Boa, en 1986; e “Estorias e contos do Bierzo e dos Ancares”, editado em 1992, a proposta da enton existente Mesa para Defensa do Galego do Bierzo e do Instituto de Estudos Bercianos, pola Direciom Geral de Política Lingüística da Xunta da CAG.
Ten publicado numerosos artigos em diversos meios de comunicaciom, asim como participado em innumerables congresos e encontros sobre tradicion popular, literatura oral, etc... Entre os seus artigos, destacamos um "Leonesistas de ficción", publicado no Diário de Leon.
Alicia Fonteboa, é autora do importante livro “Literatura de tradición oral en El Bierzo” (edicion da autora, Ponferrada, 1992); e também co-autora de “Didáctica do folclore literario”. Foi coordenadora do Atlas Lingüístico do Bierzo (ALBI), dirigido por Manuel Gutierrez Tuñón, e comenzado a publicar em 1996 polo Instituto de Estudos Bercianos.
Aprobeitamos com este correo para pedir a máxima difusion dos actos ,e também para invitalo a compartir con nós ese dia tam importante para a Cultura Galega.
SILVIA RIBAS.
SECRETARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO.
600627399.
PROGRAMA
Homenaxe:
Homenaxe a Aquilino Poncelas e Alícia Fonteboa, escritores/as bercianas/os , com umha importante actividade en defesa das tradicions culturais bercianas, publicando vários libros e sendo sempre partidários do ensino da nosa língua no Berzo. Serálles entregada unha escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.
Teatro:
«Espiña de Toxo», interpretada polos nenos e nenas do colégio Compostilla.
Tambén participarán com mais uma interpretación poetico-musical os nenos e nenas dos coléxios de IesEuropa,APlaca,Camponaraia,Cabelos,Corullón etc...así como outros centros que ainda estám a preparar os seus traballos e que serám confirmados esta semana.
Recital Poético:
Maria Xosé Montero, Artur Alonso Novelhe, Concha Rousia e Igor Lugris recitarám diversos poemas da sua autoria e da autoría do homenaxeado.
Música:
A festa será máxima com as músicas ao vivo da Escola de Gaitas de Ponferrada, Servando Barreiro e a Agrupaçom de Pandeireteiras e Baile Abertal.
Concerto no Pub «A Gatera»
O encerramento da festa será no Pub «A Gatera» com un grande concerto de Servando e Contradança, a apresentaran en terras bercianas o seu disco «Som Voltas». Uma ruada e muitas mais surpresas amenizarám o fin de festa do Dia das Letras 2006 no Berzo.
www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.
|
|