Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia "Usan a falsa liberdade"
Añadir a Del.icio.us la noticia "Usan a falsa liberdade"
Añadir a Menéame la noticia "Usan a falsa liberdade"
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

CARA AO 17 DE MAIO ·· idioma

"Usan a falsa liberdade"

A Academia Galega advírtelle a Feijóo que non gobernará para todos os galegos se se alentan "polémicas partidarias" coa lingua a partir de "prexuízos lingüísticos"

MARÉ . SANTIAGO

Barreiro durante a lectura do comunicado da RAG en presenza dos académicos presentes no plenario de onte FOTO: Almara
Barreiro durante a lectura do comunicado da RAG en presenza dos académicos presentes no plenario de onte
FOTO: Almara
A Real Academia Galega (RAG) criticou onte abertamente "as primeiras decisións" do novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respecto do idioma e chamouno a superar os "prexuízos lingüísticos" para converterse nun gobernante "de todos os cidadáns". Nunha acción sen precedentes, a institución presidida por Xosé Ramón Barreiro fixo público un comunicado -"por obriga e deber moral"- en defensa do idioma galego fronte ás medidas "desprotectoras" que pretende impoñer o Partido Popular (PP).

Boa parte dos acádemicos estiveron presentes no plenario de onte, celebrado na sede da RAG na Coruña ante a expectación dos periodistas congregados na rúa Tabernas para escoitar unha intervención cualificada de histórica. Barreiro foi o encargado de ler o comunicado, realizado por unha comisión e aprobado polo resto do plenario. O presidente rexeitou revelar se fora por maioría ou por unanimidade: "Aquí", dixo, "está representada a voz da RAG".

 

Tomando a Ramón Piñeiro como guieiro

Trátase dun texto de tres folios que coloca a lingua no centro da "identidade e do recoñcemento de Galicia como nación e como colectividade" e que bota man das ideas de Ramón Piñeiro -o autor homenaxeado este ano co 17 de Maio- para lembra que "un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma", porque a linggua "vén ser a súa comunidade esencial".

Outro dos eixes do texto é a noción de que "ninguén é propietario do idioma", mesmo daqueles "que non tiveron a fortuna nin a oportunidade de recibila de seu na infancia". A este cuestión, de feito, referiuse o propio Barreiro ao cabo da lectura na única pregunta que lles permitiu facer aos periodistas: "Toda a sociedade, empezando polos medios de comunicación, é responsable de gardar o idioma, non só as institucións". E engadiu, "É moi preocupante o que está caendo" en referencia ao uso ideolóxico e político que se fixo do idioma en vésperas das eleccións autonómicas por parte de formacións como o PP ou UPyD.

No comunicado, ademais, a RAG "convida" o novo goberno "a que escoiten as institucións que, como a presente, veñen traballando de vello polo idioma, con información, metodoloxía e estudos certos, na procura dun acordo social integrador, a prol do uso, da dignidade e da continuidade do idioma".

 

REACCIÓN

Feijóo contesta que el non fixo nada

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu onte ao paso das críticas da Real Academia Galega (RAG) e asegurou que aínda non adoptou "ningunha medida" que xustifique as críticas da institución á súa política lingüística.

Feijóo defendeuse dicindo que a RAG non lle notificou formalmente "ningunha queixa" e reiterou que a súa única intención é traballar dende a Xunta para "recuperar" o "consenso" lingüístico "perdido" na pasada lexislatura "coa aprobación do decreto do galego no ensino".

Núñez Feijóo eludiu avanzar a quen situará como responsable de Política Lingüística no seu Goberno, aínda que subliñou que este nomeamento se efectuará "nos próximos días".

Por outra banda, Feijóo ratificou a súa "inequívoca" intención de derrogar o actual decreto do galego no ensino para elaborar un novo documento "consensuado" con pais e educadores, pero recoñeceu que este podería "non "estar listo" para o próximo curso por unha cuestión "de tempo". "Aínda que nos gustaría que o estivese", aclarou.

Feijóo insistiu en que a Xunta cumprirá o seu compromiso electoral de modificar o decreto do galego no ensino e "se non é posible" facelo para o próximo ano académico non será por "falta de traballo" senón porque o calendario escolar aprema.

AVANCE

Equiparar "dereitos e deberes" co castelán

Como era de esperar, o comunicado da RAG non está tinxido de acritude pero si é o suficientemente claro para recoñecer que os académicos están moi preocupados coa deriva lingüística anunciada por Núñez Feijóo. De feito, non son velados os apoios á política desenvolvida polo goberno de Emilio Pérez Touriño na anterior lexislatura e o chamamento ao líder do PP para "arredar a lingua da controversia partidaria".

Entre outras medidas, os académicos reclaman "reforzar" a presenza do galego no ámbito escolar, con especial atención aos máis pequenos, campo que as Galescolas pretendían cubrir antes de que Feijóo as desarticulase. A RAG sinalou que debe facerse "respectando" o idioma das familias, pero cunha "política activa" para promover o coñecemento do galego.

Advertiu tamén que a política lingüística non debe quedar "reducida" ás aulas, senón orientarse tamén a outros ámbitos da vida como a empresa, a universidade, as actividades vinculadas ao lecer ou as novas tecnoloxías. A RAG defendeu, así mesmo, o proceso de normalización lingüística e achacou aos "contrarios" deste proceso de "manchar a palabra normalización coma se significase agresión aos que non teñen o galego como lingua habitual". Os académicos sosteñen que esta aversión xerou un "falso concepto de liberdade, que parecen entender como dereito a non falar nunca o galego".

Ao mesmo tempo, chaman a "impulsar unha cooficialidade simétrica dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e co galego, única forma de acadar a igualdade cidadá".

Nese sentido, consideran que o desenvolvemento do Plan xeral de normalización da lingua galega é esencial para apontoar o uso do idioma.

comentario [ 1 ]

ACADÉMICOS?

LOISDESILAN
13.05.2009 15.26
A Real Academia Galega (RAG) estavos collendo medo a quedar totalmente deslexitimada pola acción dos membros conscientes da Comunidade Lingüística Galega da Galiza española e por iso quere chuchar un pouco de cámara co gallo da manifestación do 17.

"Unha lingua de todos".

A lingua, as linguas non son de todos, en tal caso son todas as linguas de toda a humanidade; porén, a lingua galega non vos é de todos: Só vos é de quen a coñece, usa, defende e ama!

" ... convida(n) á procura dun acordo social integrador, "a prol do uso a dignidade e a continuidade do idioma"".

O acordo social integrador xa leva trinta anos na CE (art. 14, nomeadamente): na Galiza española na súa lingua coma en Castela na súa!, sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio (ou docendi causa, iocandi causa, ou outras causas igualmente xustificadas).

O problema non vos está no acordo social integrador, senón nos desintegradores dese acordo social que antes, agora e mais despois subordenan os seus bandullos á dignidade (intereses xerais!) da Comunidade Lingüística Galega.

" 1º) Compromiso de arredar a lingua galega da controversia partidaria. A lingua é de todos e todos teñen cabida para acadar o seu pleno uso normal".

Non!, a controversia partidaria, DENTRO DO ORDENAMENTO XURÍDICO, é necesaria e útil; porén, a controversia democrática évos algo ben distante da demagoxia electoralista (vale todo!). ... E, os galegoexterminadores non poden ter cabida na normalización do galego!

" 2º) Impulso do multilingüismo. Na anterior lexislatura potenciouse o trilingüismo en moitos centros escolares (galego, castelán e inglés), que agora podería ampliarse a unha cuarta lingua, sen esquecer o acceso ás linguaxes das novas tecnoloxías".

O multilingüismo debe ser planetario!: bilingüismo necesario de lingua propia e mais lingua de integración para cada individuo (sen prexuízo, madia leva, de que cadaquén, amais, aprenda e use as linguas que queira).

O de cantas máis mellor évos unha crenza, non unha evidencia: a aprendizaxe das linguas supón esforzo, recursos ... que poden ser moi abondosos; mais, sempre limitados!

O que non vos procede é o plurilingüismo + castelán ou, mellor dito!, castelán + o plurilingüismo que se queira (supremacía do castelán en todo o territorio do Estado).

" 3º) Reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que no seu día, por unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia (Doc. núm. 17629, BOPG núm. 622 do 07.09.04)."

As chapuzas sonvos chapuzas aínda que as defenda a maioría!

Non se trata de máis galego aquí (1/2, 1/3, 1/4 ...) máis galego acolá; non se trata de GALEGO SEMPRE MÁIS!; senón de que a lingua propia teña unha posición hexemónica no seu territorio propio (ou na comunidade lingüística sen territorio). Consiste en que o galego teña na Galiza española o mesmo estatus (iuslingüístico e sociolingüístico!) que ten fóra da Galiza española onde tamén é lingua propia, o mesmo estatus que ten o castelán en Castela ... NUNCA MENOS!

" 4º) Compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e co galego, única forma de acadar a igualdade cidadá".

A oficialidade ou cooficialidade évos algo dishomoxéneo coa “igualdade cidadá”: a oficialidade afecta ós empregados públicos e autoridades, a igualdade cidadá a toda a cidadanía.

Mais, isto da “simetría constitucional” évos enganoso; pois, a Constitución estabelece claramente unha asimetría: deber dos galegos, de todos!, de coñeceren o castelán e ausencia dun deber semellante para TODOS (restrínxeo só ós que veñan desenvolver a súa vida á Galiza española) os casteláns de coñeceren o galego.

Certo que, ó meu entender, existen o deber (rectius, a carga) e mais o dereito de coñecermos e, eventualmente, usarmos ambas linguas oficiais na Galiza española; mais, nin esa carga nin ese dereito son absolutos nin, moito menos!, simétricos: o galego debe usarse na Galiza española con carácter xeral ou hexemónico e o castelán só cos outros españois que LEXITIMAMENTE aínda descoñezan a lingua española oficial propia do territorio.

Porén, semella que a “simetría constitucional” da RAG consiste en discriminar a lingua propia fronte a unha das alleas polo feito de seren ambas oficiais no mesmo territorio. Mais, igualar o que é diferente évos discriminar: non pode ter o mesmo estatus a lingua propia que unha allea no territorio da propia!

Con todo, á Comunidade Lingüística Galega da Galiza española non lle convén, non resulta acorde cos seus intereses xerais, esa asimetría constitucional galego vs castelán; senón a galego vs lingua universal de integración. E deberamos esixila!

NÓS ... NUNCA MENOS!

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia "Usan a falsa liberdade"
Añadir a Del.icio.us la noticia "Usan a falsa liberdade"
Añadir a Menéame la noticia "Usan a falsa liberdade"
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade