Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mentiras arriscadas
Añadir a Del.icio.us la noticia Mentiras arriscadas
Añadir a Menéame la noticia Mentiras arriscadas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

O CONTRADECRETAZO ·· idioma

Mentiras arriscadas

O argumento de que a maioría do país votou ao PP, esgrimido por Núñez Fiejóo para derrogar o decreto do galego, é falso

MARÉ . SANTIAGO

Jesús Vázquez durante o seu encontro cos representantes da coordinadora de normalizadores lingüística FOTO: Axencias
Jesús Vázquez durante o seu encontro cos representantes da coordinadora de normalizadores lingüística
FOTO: Axencias
O argumento continuamente repetido polo presidente Alberto Núñez Fiejóo de que a derrogación do decreto do galego está avalado polas urnas é rotundamente falso. A pesar de contar con maioría absoluta no Parlamento -38 deputados-, o Partido Popular (PP) obtivo menos votos que socialistas e BNG xuntos, responsables como membros do bipartito dese texto que Feijóo se apresurou a desterrar da lexislación a mesma noite dos comicios autonómicos.

Son apenas seis mil votos os que a esquerda lle sacou de vantaxe aos conservadores, suficientes para dicir que o decreto foi confirmado polas urnas. Iso se se utiliza a mesma estratexia dogmática de Feijóo para xustificar a fervenza de medidas que, en menos de dous meses, desenvolveu o seu goberno contra o regulamento da lingua galega. A frela provocou, mesmo, conatos de malestar no seu propio partido, desconcertada a súa facción de maior inspiración galeguista pola premura implacable coa que o conselleiro de Educación, Juesús Vázquez, e a conselleira de Facenda, Marta Fernández, cumpriron nas súas respectivas áreas os mandados expresos do presidente.

Aínda que se sumaran aos votos do PP aos de Unión, Progreso y Democracio (UPyD) -formación de postura vehemente en contra dos dereitos positivos das linguas cooficiais-, o resultado final para os conservadores e para o nacionalismo español sería inferior ao que representa a esquerda e o nacionalismo galego, todos eles defensores do status actual. Nese abano ideolóxico, incluiríanse desde Terra Galega á Fronte Popular Galega (FPG) ou Esquerda Unida, de xeito que os conservadores quedarían aínda nunha minoría máis significativa: catorce mil votos de diferenza.

O erro estratéxico de Feijóo serviría para comprender o forte rexeitamento que as súas medidas "involucionistas" -tal como as cualificou a oposición- crearon no seo da sociedade galega e que a amezan con amargarlle o principio do curso 2009-2010, sobre todo despois de poñer os directores dos centros nunha posición raiana coa ilegalidade grazas á polémica Consulta Vázquez.

E é que Feijóo, co apoio ideolóxico da asociación Galicia Bilingüe de Gloria Lago -encargada tamén de identificar a maioría absoluta do PP no Parlamento cun desexo maioritario dos votantes-, dedicou executivamente os seus primeiros días de goberno a desmantelar a protección legal que se forxara pouco a pouco ao longo da etapa autonómica. Incluso prescindiu de iniciativas impulsadas polo seu propio partido na era Fraga.

A dialéctica ao despiste do presidente non só non se corrixe, senón que se mantén, como se a forza de insistir puidese mutarse. Onte mesmo, ao cabo do Consello da Xunta, defendeu a reforma da Lei da Función Pública -que erradica a obriga de facer polo menos un exame na lingua propia do país- porque "recupera o consenso dos 27 anos de autonomía", afirmación que, de novo, volve ser rotundamente falsa: nin socialistas nin BNG apoiaron nunca a política lingüística de Fraga até que o líder histórico do PP lles propuxo impulsar, no ano 2004, o Plan de normalización. Ese texto é o que agora Núñez Feijóo pretende converter en papel mollado, mentres o seu conselleiro de Educación o rebaixa a un "remuíño de ideas" sen ningunha "vinculación legal" e, en certo modo, prescindible. Iso, a pesar de ser aprobado unanimente polas tres forzas parlamentarias, unico momento da historia no que pode falarse de auténtico consenso

PROMESA DE JESÚS VÁZQUEZ

Os normalizadores farán tamén o novo decreto

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl) participará na elaboración do novo decreto que regule o galego no ensino. Esa é a promesa que lles fixo o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, tras unha reunión que mantiveron onte en Compostela, segundo subliñaron onte os membros da coordinadora, aínda que desde o departamento de Educación rexeitaron comentar calquera asunto ou promesa tratados no encontro, ao que asistiu tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

O colectivo -representado por Valentina Formoso Gosende, do IES Rianxo; Miguel Louzao Outeiro do IES Coroso, de Ribeira e Román Cerqueiro Landín do CPI Aurelio Marcelino Rey García, de Cuntis- presentoulle a Jesús Vázquez un documento con "dez propostas para o consenso para desactivar a polémica" sobre o uso do galego no ensino, que ven con "preocupación e malestar".

Entre estes requirimentos, a Coordinadora enumerou a necesidade de que o marco lexislativo evite a confrontación na comunidade escolar, a imposibilidade de que o alumnado sexa segregado por lingua, a importancia de que a presenza do galego se manteña como mínimo no 50 por cento, e a necesidade de elaborar e actualizar materiais didácticos en galego.

Ademais, solicitáronlle a Vázquez que lle ofreza ó profesorado cursos de reciclaxe e capacitación en lingua galega, que cada centro siga realizando o seu proxecto lingüístico, que garanta que os alumnos de infantil adquiran de forma oral e escrita o coñecemento das dúas linguas e que a administración realice campañas efectivas de dignificación da lingua "que comecen polo propio goberno da Xunta".

O colectivo tamén lle amosou o rexeitamento de que a chamada Consulta Vázquez sexa a base dun decreto novo: "Esta consulta, tal e como foi realizada, non pode ter ese peso nunha lexislación educativa".

 

comentarios [ 2 ]

Pero para que?

erconda
26.06.2009 10.44
Os do PP presentáronse ás eleccións en Galiza e aquí os galegos votáronos maioritariamente para que nos gobernasen e non para que nos destrúan e poñas as súas ideas unilaterais, particulares, a andar nesta nación. Somos galeas e galegos ( isto non vai discutilo ninguén) e destas a lingua nosa é a galega.Que pasou polo que pasou...si, pero é a nosa e non outra.Todo o demáis son emendas intersadas, máis ou menos con boa ou mala intención, das que algún haberá que dar conta e non presumir de votos.Ollo.

No sé que más se necesita. Está claro

lalala
26.06.2009 03.23
Los votantes del PSOE y del PP descontentos tenemos la opción de UPyD y la de que mientras dicho partido vaya creciendo, resistir la imposición con todas las medidas que tengamos a nuestro alcance.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mentiras arriscadas
Añadir a Del.icio.us la noticia Mentiras arriscadas
Añadir a Menéame la noticia Mentiras arriscadas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade