| ||||||||||||||
Se ben rexeitan especificar o número de persoas encargadas de realizar o escrutinio, asegúrase desde a consellería que "traballan cinco días á semana sen descanso" e xustifican o atraso polo "complicado que resulta abrir os sobres". Algúns destes sobres, puntualizan, "están pegados con lotite e, mesmo, grampados" porque houbo pais -engaden- "que quixeron manter a súa identidade estritamente oculta". Educación asegura que xa poderían facerse públicos algúns datos, pero que serían "demasiado parciais" e pouco fiables para o conxunto, xa que pertencen soamente a certas comarcas. O certo é que o polémico referendo -que abriu unha drástica división no país- vai camiño de converterse nun dos máis prolixos e longos na historia da democracia mundial. A espera para coñecer os resultados vaise prolongar máis que o longo mes de tirapuxas e xuízos na primeira elección de George W. Bush como presidente dos Estados Unidos fronte a Al Gore, no ano 2000, símbolo por excelencia dos buracos inatuables de certas eleccións na democracia. Nin na India, onde existen 600 millóns de electores, se tarda tanto en obter uns resultados e o caso da Consulta Vázquez só tería parangón, pola súa dilatada duración, en certas situacións excepcionais en África, como é Zimbabue. O atraso está a provocar, ademais, que comecen a inzar as sospeitas, sobre todo tendo en conta a premura coa que foi realizada a consulta, destinada -segundo Xesús Vázquez- para servir como base ao futuro Decreto do galego, co que a consellería pretende rebaixar a presenza deste idioma no ensino.Onte mesmo, o portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Guillermo Meijón, interpretou ese atraso como unha evidencia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, está preparando "unha gran fraude electoral". A través dun comunicado no que criticou o proceso de elaboración da enquisa por ser "frívolo, falaz, dunha viabilidade técnica máis que cuestionable e impropio dun Goberno serio", Meijón agoirou que a "fraude electoral" que, ó seu xuízo, pensa o máximo mandatario galego suporá "o ataque definitivo contra o galego". Ademais, o socialista reprobou que a enquisa constitúe "un intento inescusable de manipulación da vontade dos galegos" e que se enmarca en "o desmantelamento programado do ensino público" posto en marcha polo Partido Popular desde a Xunta. Segundo Meijón, neste "desmantelamento" tamén se inclúen a "nefasta decisión" de suprimir a gratuidade dos libros de texto, a redución de aulas e persoais de profesores e o agrupamento de alumnos. "Para o único que hai diñeiro é para o ensino concertado", censurou, á vez que incidiu en que "non hai que facer unha enquisa para saber que intereses defende o PP". Para rematar, lamentou o "preocupante desinterese" que mostra o PP pola escola pública e prognosticou que a deixará cun gran dano feito". "Pasará a ser a perla da coroa a ser a cincenta do sistema público galego", concluíu o deputado socialista. PERSPECTIVASNon parece sensato que unha cuestión tan delicada, e que armou tanta polémica, como a "Consulta Vázquez" se estea retrasando tanto nos seus resultados. A actitude non fai máis que aumentar a polémica. comentario [ 1 ]Pechadas?
secundario
18.07.2009 11.23
A min cada vez chéirame máis a "ben cociñado". No meu centro chegaban a maioría abertas. "Están pegados con lotite e, mesmo, grampados" porque houbo pais -engaden- "que quixeron manter a súa identidade estritamente oculta"; e logo, non eran xa "anónimas"? Lembremos que cando un neno/a a entregaba tiñamos que marcar que a súa familia a entregara (grande anonimato). Necesítase unha máquina para ler catro "X"? Será que as cousas non lles gustan? Xa que a participación foi "regular", estarán agora cubrindo eses grandes "despegadores de loctite" do equipo de Herr Flick as enquisas que lles fan falta (total, poden facelo, non van dar datos de enquisas por centros así que nunca saberemos a participación real). Esta é a nosa Xunta, unha cociña onde non hai diñeiro para outras cousas importantes pero si para facer "super enquisas anónimas".
Escribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||