Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Blogueo, logo escribo
Añadir a Del.icio.us la noticia Blogueo, logo escribo
Añadir a Menéame la noticia Blogueo, logo escribo
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

internet

Blogueo, logo escribo

Os escritores galegos crean na blogosfera un "domicilio virtual" como o que acaba de abrir Fran Alonso, para tender pontes cos seus lectores

V. OLIVEIRA . SANTIAGO

Ser escritor e non ter un blog ou non figurar nunha rede social en internet parece xa cousa doutro século. Moitos autores galegos atoparon na blogosfera un "domicilio virtual" no que expresan opinións, dan información sobre as súas obras ou mesmo comparten debates cos seus lectores. É o caso do poeta e narrador vigués Fran Alonso que acaba de inaugurar unha completa web persoal na que recolle todo que se coce arredor do autor na arañeira, a través de plataformas como Youtube, Facebook, Twitter ou Fotolog.

"É un gran portal web pero é humilde, xa que está deseñada por min, usando as redes sociais para priorizar contidos, facilitarlle á xente ter información sobre os meus libros e favorecer tamén a comunicación cos meus lectores", explica Alonso, subdirector da editorial Xerais.

Esta web -á que se accede dende os dominios www.franalonso.eu ou cabrafanada.blogspot.com- responde a varias necesidades do autor. "Por suposto, está ao servizo da promoción dos meus libros, pero tamén dos lectores que teño e dos que non teño porque tamén me permite conectar con novos lectores", apunta. De feito, a web ten información dispoñible en sete linguas -galego, castelán, inglés, catalán, alemán, polaco e portugués- así como numerosos vídeos, fotos, recursos didácticos, textos, datos dos seus libros, críticas, recensións, reflexións literarias, enlaces web con toda a información existente de cada un dos libros, entrevistas...

O domicilio virtual de Fran Alonso -como se chama o portal- está así concibido como "unha plataforma de presente e de futuro" onde mesmo colgou textos inéditos como unha edición en catalán do seu poemario Balada Solitaria, "que non se atopa en papel senón que se só se pode baixar en PDF dende o domicilio virtual edicións". O autor tampouco desbota a posibilidade de ofrecer nesta bitácora un adianto do seu próximo libro que está a rematar.

 

Suso de Toro: "Un blog permite unha expresión máis persoal"

Un dos primeiros escritores que hai máis dunha década comezou a publicar un blog é o compostelán Suso de Toro, que acaba de retomar as súas rebeldes "botellas ao mar" no sitio www.susodetoro.blogaliza.org. "Entre os anos 1999 e 2003, tiven un blog porque daquela tiña problemas para poder publicar os meus artigos na prensa de Galicia. Para min, dalgún xeito, o blog tiña un sentido poético, por iso o chamei botella ao mar porque tiña ese carácter de mensaxe que non sabes a quen ou a canta xente pode chegar", afirma.

Aínda que se declara "escéptico" coa repercusión dos blogs, Suso de Toro recoñece que "nestes anos a rede estendeuse moito, está ocupada por xente nova, son consciente de que entrar nela supón poñer un pé nun mundo máis forte e por iso téñolle respecto", engade.

Ao seu ver, se ben nun xornal "caben formas de expresión distintas, incluso algunhas literarias, ten unha función informativa mentres que un blog permite unha expresión máis persoal. Eu utilízoo para almacenar contidos, para falar dos libros que estou a ler, ou para axudar a manter as miñas obras vivas", explica. De feito, se en 2006 foi o primeiro autor galego que presentou a súa novela Home sen nome aos blogueiros antes que en público, agora non descarta volver facelo coa súa próxima obra "aínda que antes terei que comentalo co editor".

A rede tamén é unha vía de expresión dende hai anos para o escritor e xornalista Santiago Jaureguízar a través da canle http://cabaretvoltaire.canalblog.com, que considera a web que acaba de abrir Fran Alonso un traballo "pioneiro".

O autor de O globo de Shakespeare creou o seu blog porque "había un feixe de cousas que quería contar e internet é un medio áxil, rápido e seguido amplamente no país". Segundo asegura, este sitio na arañeira permítelle "dar o meu punto de vista sobre o sistema literario galego, opinar sobre os libros que saen ou o que escriben outros autores. Falo de cousas que pasan en todo o mundo, aquilo que me interesa en xornais de fóra do país pero non só sobre literatura senón tamén arquitectura, música ou arte contemporánea".

Para Jaureguízar, os escritores que na actualidade non teñen presenza en internet -ben en blogs ou en redes sociais- "están coxos das súas pernas" xa que "cos cambios que se están a producir no sistema literario, que pasará de ter un soporte do libro en papel ao electrónico, hai que entrar na rede se non van quedar arrombados nas bibliotecas". Ademais, na súa opinión, "cambiou o sistema de relación de escritores, críticos e editores: antes so nos atopabamos en entregas de premios ou en enterros e agora temos unha comunicación permanente grazas á rede".

INTERNET COMO MARCA

Francisco Castro: "A literatura galega tamén se fai nos blogs"

O escritor e profesor vigués Francisco Castro -que actualmente coordina Novos Proxectos en Galaxia- tamén ten unha longa traxectoria na arañeira que mantén aberta no sitio franciscocastro.blogaliza.org. "Creeina como unha válvula de escape comunicativa. Pasara moitos anos escribindo artigos en prensa e cando iso rematou, precisaba seguir contando cousas", explica. Máis que para promocionarse, o autor de A canción do náufrago, Xeración perdida ou Spam utiliza o seu blog non só para "dar conta de actos literarios nos que participo senón, sobre todo, para participar nas redes sociais como Facebook ou Twitter. O blog é un mecanismo comunicativo e para o debate. Gústame propoñer temas a través do blog, para que funcione como un espazo de intercambio".

Ao seu ver, é necesaria a presenza dos escritores na rede porque "internet veu para quedarse". Contar cun blog permítelle disociar a súa faceta persoal doutra identidade como "náufago, unha voz distinguible na rede". Na súa opinión, "a literatura galega tamén se fai nos blogs, algo que a crítica literaria non asumiu".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Blogueo, logo escribo
Añadir a Del.icio.us la noticia Blogueo, logo escribo
Añadir a Menéame la noticia Blogueo, logo escribo
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade