Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ampliando horizonte
Añadir a Del.icio.us la noticia Ampliando horizonte
Añadir a Menéame la noticia Ampliando horizonte
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Evolución

Ampliando horizonte

A entrada de Manuel Rivas "rexuvenece" a Academia Galega, que nos últimos anos tratou de achegarse á nova realidade social e literaria

MARÉ . SANTIAGO

Manuel Rivas, o novo académico FOTO: Axencias
Manuel Rivas, o novo académico
FOTO: Axencias
Coa elección de Manolo Rivas como novo membro, a Real Academia Galega (RAG) dá un paso máis nun proceso de renovación que busca achegarse á realidade social e literaria do país. Aos seus case 52 anos, Rivas converterase -cando lea o discurso de ingreso- no académico máis novo e no primeiro representante da denominada xeración dos 80 en acceder á institución con rango de numerario. Con anterioridade, fora elixido correspondente o poeta Ramiro Fonte -falecido o ano pasado-, pero este nomeamento ten un valor simbólico sen intervención real nas decisións académicas.

A entrada na RAG de Rivas -probablemente o escritor máis aprezado e admirado do panorama galego- dábase por segura pero non se esperaba que fose tan inmediata, como aconteceu recentemente coa elección da polifacética Margarita Ledo Andión. A cineasta, narradora, poeta e teórica da comunicación achegoulle á institución unha vertente até entón inédita na institución -a audiovisual-, aumentaba a presenza feminina e daba entrada a unha xeración de activistas que irromperon con forza na Cultura galega nos últimos anos do franquismo.

É por eses anos que se revelou un dramaturgo como Euloxio Ruibal, autor dun texto referencial dos escenarios -Zirandot- e elixido numerario no 2005. Se ben Ruibal (1945) pertence cronoloxicamente a unha xeración anterior, comparte con Margarita Ledo (1951) o mesmo momento de emerxencia pública e, en certo modo, representan traxectorias que transformaron a evolución dos seus respectivos ámbitos.

O caso de Rivas, o escritor galego de maior relevancia internacional, é diferente. O seu debut literario tivo lugar no 1980 con Libro do entroido pero non foi até primeiros dos noventa -e mesmo ate o século XXI- cando a súa obra acada un status incontestable. O seu perfil como activista encaixa cunha liña onde o compromiso ecolóxico se funde co político -militou en Esquerda Galega- e o periodístico, creando unha figura socialmente paradigmática das últimas décadas. En Rivas conflúe, ademais, a vertente dun nacionalismo galego de radical amabilidade cunha herdanza de corte alternativo que o coloca -por vocación e experiencia persoal- na bagaxe de poetas como Lois Pereiro. Esta característica convérteo tamén nun nome singular dentro da súa propia xeración dos 80, que por fin acada con el presenza na RAG.

Un equilibrio case salomónico

A Real Academia Galega (RAG) mantén un equilibrio case salomónico entre as distintas xeracións. Se ben dominan os membros nacidos nos anos trinta, tampouco é menor a representación dos nacidos nas décadas anteriores, empezando por Francisco Fernández del Riego, próximo xa aos 97 anos. Del Riego é o único presidente da institución que "saíu vivo" do cargo e o únicio tamén que está na súa cadeira desde o franquismo: foi elixido no 1960 a proposta de históricos como Ramón Otero Pedrayo ou Sebastián Martínez-Risco.

El é o de maior idade pero cerca lle anda tamén Xaime Illa Couto (1915) -o patriarca de Galaxia- e Domingo Gil Merino, nacido no 1916 e académico desde 1975. Río Barja é do 1919. Un pouco máis alá, están Luz Pozo Garza -naceu no 1922 e ingresou no 1996- e Olga Gallego -naceu no 1923 e é académica desde a súa elección no ano 1986.

Comparado con eles, Xesús Alonso Montero e Xosé Neira Vilas (ambos do 1928) con case uns rapaces.

Na década dos trinta, dominan os nomes que protagonizaron boa parte da renovación creativa da posguerra e que, de feito, dominan a academia, comezando polo seu presidente, Xosé Ramón Barreiro, nacido no 1936. Duns anos antes son a poeta Xohana Torres (1931), o arquitecto Andrés Fernández-Albalat (1934), os poetas Salvador García-Bodaño e Ramón Lorenzo (1935), Xosé Luís Franco Grande e Xosé Luís Méndez Ferrín (1936).

O teólogo Andrés Torres Queiruga (1940), o edafólogo Francisco Díaz-Fierros (1941), o filólogo Antón Santamarina (1942), Xesús Ferro Ruibal (1944) e Euloxio R. Ruibal e Xosé Luís Axeitos (1945) naceron nos corenta, a década menos representada significativamente na acadamia.

Despois das xeracións dos trinta, as dos nacidos nos cincuenta son os que posúe maior peso na institución, sobre todo porque é neste grupo onde conflúen nomes claves doutras institucións nacidos todos no 1951: o historiador Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG); Víctor Fernández Freixanes, director da editorial Galaxia e presidente da Fundación Otero Pedrayo, e o filólogo Manolo González, director do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, os seminarios de Sociolingüística e de Lexicografía da RAG e o Servizo de Terminoloxía de Galicia. Deste mesmo ano é Margarita Ledo Andión.

Do ano 1952 son Rosario Álvarez -directora do Instituto da Lingua Galega-, o catedrático Francisco Fernández Rei e o escritor Darío Xohán Cabana. Máis novo aínda é Manuel Rivas (1957) e, de momento, non existe ningún representante dos nacidos nos sesenta.

 

comentario [ 1 ]

Zardigot

tolo
05.08.2009 12.44
A obra que se comenta de Euloxio Ruibal é "Zardigot". Por certo, representada hai ben pouco pola compañía Espello Cóncavo.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ampliando horizonte
Añadir a Del.icio.us la noticia Ampliando horizonte
Añadir a Menéame la noticia Ampliando horizonte
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade