Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.13
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Añadir a Del.icio.us la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Añadir a Menéame la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

O CONTRADECRETAZO ·· discurso

Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres

As culturas minoritarias salvaranse se se incorporan “ás novas correntes de Europa”, dixo

REDACCIÓN

Ramón Villares, pola dereita, con Núñez Feijóo onte en Londres
Ramón Villares, pola dereita, con Núñez Feijóo onte en Londres
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou onte en Londres o curso que realizan por primeira vez conxuntamente o Consello da Cultura e o Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science, volvendo atacar a resistencia cultural en Galicia.

Cun discurso bilingüe –iniciado e concluído en castelán, mediado por parágrafos en galego–, Núñez Feijóo afirmou que Galicia "é exemplo para todos os pobos e culturas que hoxe se preguntan se é posible resistir ao impulso da globalización."

Ao seu ver, "o erro está na palabra resistir" xa que "non é a resistencia ao global o que salvará as culturas mal chamadas minoritarias, senón a súa incorporación ás novas correntes que discorren por unha Europa e un mundo sen fronteiras", afirmou.

O presidente do Goberno galego remitiuse ao primeiro programa radiofónico emitido en galego en Londres no ano 1947 como un acontecemento que "nos axuda a entender mellor as causas que fixeron posible que a cultura de Galicia permaneza viva, e sexa hoxe unha peza máis do gran mosaico europeo".

Un fito, logrado por Alejandro Reimúndez e Felipe Fernández Armesto, que conseguiron que "a voz ou o pensamento dos grandes intelectuais galegos do momento, saíran das ruínas da posguerra para proclamar que a súa terra seguía existindo". Feijóo definiu así Galicia como "un pobo libre que encontrou na España das autonomías o marco idóneo para o seu desenvolvemento humano, cultural e económico". Un país que, ao seu ver, ten "unha gran cultura europea".

"É significativo que no mesmo Londres, onde Raimúndez e Armesto fixeron oír a súa lingua hai sesenta e dous anos, haxa hoxe numerosas iniciativas de capital galego", destacou o mandatario galego.

Feijóo dixo sentirse "na casa" grazas a "aquela xenerosa axuda a un ideal que entón parecía perdido". O presidente do Executivo galego fixo ademais unha loa do Xacobeo xa que, na súa opinión, "Galicia é protagonista do primeiro internet humano do que se ten noticia. O home europeo nace na trasfega do Camiño de Santiago".

Segundo asegurou, en 2010, da man do Ano Santo compostelán, "Galicia volverá a abrirse de par en par a todos aqueles que desexen visitar unha das causas do
sentimento europeo".

comentario [ 1 ]

Nuñez

xoseantonio
16.10.2009 14.49
Sr. Nuñez estás cada día máis tolo e falas para o aire. Quén pode engulir tanta parvada?.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Añadir a Del.icio.us la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Añadir a Menéame la noticia Feijóo ataca a resistencia cultural, tamén en Londres Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade