Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Añadir a Del.icio.us la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Añadir a Menéame la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

O ESCAPARATE GALEGO

Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María

Con "Sopa de xarope de amora", unha obra que retoma temas e personaxes de contos tradicionais

M. D.

Xosé A. Neira Cruz, nunha imaxe de arquivo deste mesmo ano
Xosé A. Neira Cruz, nunha imaxe de arquivo deste mesmo ano
No acto de presentación da Feira das Artes Escénicas entregouse tamén o IV Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, que gañou Xosé A. Neira Cruz pola súa peza Sopa de xarope de amora. Este autor obtivo, así, por segundo ano consecutivo, un dos premios literarios convocados pola AGADIC, despois de que a súa obra O punto da escarola fose recoñecida no 2008 co Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques.

"É unha satisfacción. Os premios parecen indicar que estou tocando as teclas adecuadas para a escrita deste tipo de textos, na que non levo moito tempo", comentou Neira, que ao recoller o premio expresou a súa arela de que o teatro infantil galego ""medre" e interese máis ao sector editorial.

Sopa de xarope de amora é, segundo o ditame do xurado, "unha comedia áxil e divertida, protagonizada por personaxes estrambóticos que actualizan algúns dos tradicionais contos de fadas creando unha atmosfera que estimula a imaxinación". A "crítica social" supón, ademais, salientou o autor, "o trasfondo que está ao longo de toda a obra".

A peza conta a historia do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda. "Son reinos diminutos, que lle darán ao doutor ultimatos para que consiga casar as súas fillas, ou senón decláranlle a guerra... O título vén da sopa que fai a súa ama de chaves, e el tenta descubrir cal é a receita...", explicou o autor.

O VII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques foi para Auga que non vas beber..., de Ignacio Vilariño Sanmartín, un "musical satírico para marionetas" que, inspirado na tradición oral anticlerical ibérica, conta os amoríos do Padre Damián, párroco de Agolada. Na modalidade de teatro infantil, o Barriga Verde recaeu en Begoña García con Bon appétit, que o xurado define como "unha peza de estrutura clásica que ofrece un canto á gastronomía".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Añadir a Del.icio.us la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Añadir a Menéame la noticia Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade