| ||||||||||||||
O mundo da xustiza, da cultura e do asociacionismo son os protagonistas desta décimo novena edición. No ámbito galego, o premio outórgase a Carlos Varela García, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pola súa implicación na promoción do galego dende hai anos, "en especial en iniciativas que con carácter transversal introduciron o idioma en sectores estratéxicos como o ámbito da xustiza entre outros moitos". A traxectoria de Carlos Varela sobrancea, precisamente, nun ámbito onde a normalización do idioma propio rexistra unha maior resistencia e onde, tradicionalmente, se producen máis reclamacións por parte dos cidadáns. Porén, Varela mantivo o seu decidido apoio á presenza do galego na Xustiza e a equiparar os dereitos dos galegofalantes. O premio a toda unha vida é para Xosé Luis Franco Grande, (Tebra-Tomiño, 1936), escritor e avogado, e un dos promotores da Editorial Galaxia e de múltiples iniciativas de carácter galeguista. Franco Grande, membro da Real Academia Galega, foi ademais autor, entre outras obras, dun dicionario galego-castelán, de 1968, que se converteu en referencia indiscutible nos primeiros anos da recuperación do galego. Entre as súas obras, sobrease Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración de La Noche (1954-1960), un ensaio publicado no 1985. Figura emblemática tamén da xeración da posguerra, Franco Grande cultivou o teatro e a poesía. Neste último xénero, publicou no ano 1987 O tempo á espreita. O San Martiño súmase, deste xeito, a outros recoñecementos que o escritor recibiu como o Pondal ou o Nacional de Literatura Rosalía de Castro. TABEIRÓS-TERRA DE MONTESRecoñecemento á Fervenza No apartado de Tabeirós-Terra de Montes, o premio vai para Ouzande. A Asociación Cultural A Fervenza ve recompensado o seu traballo a prol da cultura, coa lingua como ben irrenunciable e vehículo de comunicación entre as diferentes xeracións de veciños. Os premios entregaranse o vindeiro xoves día 12 ás 20.00 horas nun acto público no teatro Principal.
comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||