Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Añadir a Del.icio.us la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Añadir a Menéame la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

‘o home e o neno’

Morre en Fisterra o símbolo da emigración

Manuel Calo Marcote foi enterrado onte en Fisterra. Manuel converteuse involtariamente en símbolo da emigración galega grazas a unha foto de Manuel Ferrol na que aparece chorando xunto ao seu fillo Juan no porto da Coruña, onde fora despedirse da súa irmá, emigrada a Bos Aires.

J. TRILLO

Momento do último adeus a Manuel Calo Marcote no cemiterio de Fisterra. Detrás do féretro, con garavata, Juan, o fillo que se fixo famoso canda Manuel nunha foto de Manuel Ferrol FOTO: GH
Momento do último adeus a Manuel Calo Marcote no cemiterio de Fisterra. Detrás do féretro, con garavata, Juan, o fillo que se fixo famoso canda Manuel nunha foto de Manuel Ferrol
FOTO: GH
Fisterra deu onte o último adeus ó home que protagonizó a famosa fotografía de Manuel Ferrol O home e ou neno, tomada na Coruña e convertida no símbolo da emigración galega. Con oitenta anos de idade, recibiu sepultura onte Manuel Ángel Calo Marcote, coñecido por todos no pobo como O Jurjo. Durante a súa vida compaxinou a dura profesión de mariñeiro coa non menos sacrificada da emigración a Suíza.

Aquel día de 1957, no que Manuel Ferrol captou coa cámara a mellor de todas as súas fotos, O Jurjo desprazouse ó porto da Coruña. A súa cara de pranto estaba máis que xustificada: partían para o afastado Bos Aires nada máis e nada menos que os seus pais, unha irmá e varios primos. O desconsolado neno ó que abraza Calo Marcote era Juan, un dos seus cinco fillos, coñecido por todos os fisterráns como Chanquete.

A famosa fotografía é de mediados de século, cando nos peiraos herculinos embarcaron miles de persoas cara a ultramar. O que ninguén sabía, e menos o seu autor, Manuel Ferrol (Cabo Vilán 1923-A Coruña 2003) é que, cos anos, a súa instantánea racabaría nas principais salas de exposición de todo o mundo e, mesmo, en portadas de discos. "Naquel momento non prevía o transcendente que ía ser para o futuro da miña vida profesional", apuntaba en relación do seu traballo o artista camariñano. Curiosamente, a fotografía non foi editada inmediatamente, debido a unha férrea censura á que non lle interesaba divulgar o éxodo que vivía Galicia. Saíu á luz grazas ó Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, que lla pediu para a unha exposición e un libro.

comentarios [ 4 ]

Icono Universal de la Emigración GaLlega

Osorio
23.10.2006 10.21
En un abrazo y unas láGrimas contenidas de " Jurjo" y su hijo "Chanquete" se resume la tragedia y el dolor de la Emigración Gallega de los Años 50 gracias al objetivo silencioso de otro Gallego ilustre, Manuel Ferrol.

Descanse en Paz.

nieta de Martina Liñeiro de Marcote Nemiña buscando su familia

Nelida Celina Marcote
18.08.2006 06.34
Mi sangre y mis recuerdos me llevan a un pueblo de España porque desde Galicia y la Coruña partieron mis abuelos, Manuel Marcote y Martina Liñeiro, al leer un idioma que nadie me enseño, que lo traigo en la sangre quiero abrazar a toda mi gente, mi padre se llamaba Carlos Josè marcote.y amaba su origen tanto como mis hermanos y yo. Escriban por favor. nellymarcote@yahoo.com.ar

vágoas

Pablo (dende Londres)
03.06.2006 08.46
Como galego na emigración neste intre sintome moi afectado polo falecemento de Manuel Calo Marcote, un símbolo de tantos e tantos galegos que marchamos da nosa terra buscando un futuro mellor para nos e os nosos. O meu máis sinceiro pésame a familia.
Suscribo o meu tocallo da mensaxe anterior. Por favor qu eos nosos políticos traballen arreo par aque esto non siga pasando, por deus.

Canta dor, qué dureza

Pablo
01.06.2006 09.03
Non quero que a nosa xente volva sufrir o que sufriron os nosos naqueles intres, marchar da terra, dos amigos, da familia para vivir, para poder ganar o pan que na Galiza non tiñan. Amigos políticos na vosa man está que Galiza non volva pasar por esto, que os galegos vivan na súa terra, que non haxa máis dor... por favor traballade arreo para elo. Grazas.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Añadir a Del.icio.us la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Añadir a Menéame la noticia Morre en Fisterra o símbolo da emigración
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade