Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Añadir a Del.icio.us la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Añadir a Menéame la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

da fala

A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua

Callón reclámalles reflexión aos xuíces decanos que acordaron innecesaria a obriga de coñecer o galego para exercer a xurisdicción

. REDACCIÓN

A Mesa pola Normalización Lingüística replícalle aos xuíces decanos que "non hai xustiza de calidade sen o galego" e pídelles que "reflexionen" e non fagan "declaracións frívolas sobre os dereitos lingüísticos". Ademais, a plataforma de defensa da lingua lembra que o Consello de Europa afirma nun informe de 2005 que a xustiza é un dos ámbitos onde máis se vulnera o dereito ao uso do galego. Ao respecto, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirma: "A inmensa maioría da sociedade quere que o galego deixe de estar nunha situación de inferioridade xurídica".

Así de contundente é a reacción da Mesa pola Normalización ás conclusións dunhas xornadas de traballo celebradas polos xuíces decanos galegos, onde se considera "innecesaria calquera obrigatoriedade do deber de coñecer o galego para exercer a xurisdición". O xuíz decano de Ourense, organizador de dito encontro, declaroulle aos medios de comunicación que "no ámbito da xustiza galega non se detectou ningún problema no referente ao uso da lingua".

O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lamenta que haxa xuíces decanos que "fagan declaracións frívolas sobre a continuada vulneración de dereitos lingüísticos na Administración de Xustiza en Galiza", unha situación tan precaria que mesmo foi denunciada no ano 2005 polo Consello de Europa.

comentario [ 1 ]

problema non hai. Para impartir xustiza en Galiza non fai falla entende-lo caso. Tiran os dados e listo...

Maxo
14.06.2006 12.21
Comentoume hai uns dous anos un avogado , como unha anecdota máis relacionada coas barbaridades que ocorren en Galiza co tema da lingua que , un xuiz , ante unha especie de careo entre dous galegofalantes que litigaban por asuntos de terras, fixo o comentario de :" Es como si hablasen en vietnamita".... Gustariame saber como o resolveu...Seguro que igual de ben que o señor decano de ourense analiza os problemas referentes ó uso da lingua....

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Añadir a Del.icio.us la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Añadir a Menéame la noticia A Mesa lembra que non hai xustiza de calidade sen a lingua
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade