Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Añadir a Del.icio.us la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Añadir a Menéame la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Triunfo en curtas do cine galego

Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres"

O realizador pontevedrés suma un novo trofeo aos logrados en Cans e mais en Almería

MARÉ. SANTIAGO

O director de cine pontevedrés Mario Iglesias, que onte sumou un novo galardón ao seu avultado palmarés FOTO: GH
O director de cine pontevedrés Mario Iglesias, que onte sumou un novo galardón ao seu avultado palmarés
FOTO: GH
O pontevedrés Mario Iglesias confirmouse onte como o novo gran talento do cine galego ao acadar o primeiro premio do Concurso Iberoamericano de Curtametraxes co seu filme Madres. O galardón outorgado polo programa Versión Española de TVE en colaboración coa Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), está dotado con 20.000 euros.

O premio especial de "La Navaja de Buñuel", co que o público do programa recompensa a mellor película do ano, recaeu en 7 vírgenes, de Alberto Rodríguez. O premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina foi para Ana Wagener polo seu traballo Morirdormirsoñar, de Miguel del Arco; mentres que Gustavo Salmerón se alzou co galardón na categoría masculina por La explicación, de Curro Novallas.

O director de TVE, Manuel Pérez Estremera, que foi o encargado de entregar o premio á curtametraxe Madres, destacou o apoio que o programa presentado por Cayetana Guillén Cuervo presta desde hai anos á curtametraxe e agradeceulle ó público da televisión pública o seu interese polo cine español.

Os membros do xurado, composto por Belén Gopegui (escritora e guionista), Ernesto Alterio (actor), Félix Saboroso e Dunia Ayaso (directores), Salvador García Ruiz (guionista e director), Santi Amodeo (director), María Silveiro (especialista en publicacións de cine) e Roger Gual (director), valoraron de Madres "a súa extraordinaria capacidade para facer real e próxima unha historia cunha enorme carga emocional".

Esta curta foi realizada pola produtora Pontevedra Matriuska e os seus fundadores, o propio Mario Iglesias e Daniel Froiz, recoñeceron que para eles é "un orgullo" recibir un premio como o do Concurso Iberoamericano de Curtametraxes, xa que resaltaron que todos os traballos que participaban eran "dunha gran calidade".

Ademais deste galardón, Madres tamén foi premiado no Festival de Almería co primeiro premio en vídeo e no Festival de Cans do Porriño co premio do xurado e o premio á mellor actriz para Isabel Rei.

Iglesias é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e xa atesoura máis dunha vintena de curtametraxes, grazas ás que colleitou éxitos.

Entre os premios recibidos polo realizador galego destacan o Premio á Mellor Curtametraxe en Vídeo no VI certame internacional de curtas "La Boca del Lobo", ou o logrado no "Notodopublifest", co Premio do Xurado ao Mellor Spot de El País por De buena fuente. O pasado febreiro estreou a súa primeira longametraxe, De bares.

DATOS

Un canto á vida na Galicia costeira

Ambientada na Galicia costeira, a curtametraxe Madres é a historia dunha perda e ao tempo dunha resurrección. Cun ton documental, Mario Iglesias tece nesta obra un entramado de sentimentos familiares que se tinguen da lembranza e que, chegado o caso, poden ser universalmente comprendidos. Un pequeno milagre no que unha pintora profesional se enfrenta ao retrato dun desaparecido que reconstruirá a través da súa propia memoria e tristeza. Un xogo de espellos e retratos, de nostalxias e punzadas de do, que van tecendo a pantalla. Madres é un canto sincero á vida e eo tempo, unha ollada optimista cara ó mañá desde dúas olladas completamente opostas.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Añadir a Del.icio.us la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Añadir a Menéame la noticia Mario Iglesias imponse no Concurso Iberoamericano con "Madres" Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade