Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Añadir a Del.icio.us la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Añadir a Menéame la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

música

Emilio Rúa, a voz da esperanza

O artista desexa que se respecte o labor de ‘Vida Miña’

ALBA BÚA . SANTIAGO

Emilio Rúa nunha imaxe do seu novo disco ‘Vida Miña’ FOTO: GH
Emilio Rúa nunha imaxe do seu novo disco ‘Vida Miña’
FOTO: GH
Ventas da Barreira (Riós, Ourense) é o nome da aldea que o viu nacer e medrar, sobre todo, como artista. Os seus inicios estiveron marcados pola Concorde Atenea, a orquestra familiar que o seu pai fundou e coa que el e os seus irmáns percorreron distintas aldeas de Galicia, Portugal e arredores. Con só sete anos, a música empezou a ser a súa compañeira, primeiro cantando os éxitos do verán e máis tarde, interpretando as súas propias cancións en galego.

Hoxe, Emilio Rúa é recoñecido pola súa voz aguda, suave e peculiar e por ser un dos poucos artistas galegos que nas súas melodías mestura o popular con elementos do pop e do jazz. Despois de seis anos de silencio, o pasado 3 de xullo, saíu á venda o seu segundo traballo, Vida Miña. "Este disco é o resultado do amor e dos sentimentos que se ven reflectidos en temas como a vida na aldea, o esquecemento... está cargado de recordos moi bos", explica o cantautor ourensán nunha entrevista para Galicia Hoxe.

As letras das doce cancións nas que aborda esa "vida súa", están cargadas de sinxeleza e de humildade. Ademais de temas como Unha meiga en ti, Cómic, En nome da paz ou a canción que dá nome ao disco, tamén aparecen novas versións de clásicos populares como A Rianxeira e A saia da Carolina, que o autor decidiu incluír porque "sempre andei detrás das cancións populares e pensei nesas dúas para intentar dar un paso máis na música galega e para propagar o orgullo de cantar en galego". Algunhas cancións desta serie tamén as podemos escoitar noutros espazos, é o caso de Cómic, que forma parte do Xabarín Club, da TVG ou En nome da paz, incluída no documental En son de paz.

Con Vida Miña, o cantautor de Riós tamén tivo a oportunidade de gravar o seu primeiro videoclip Búscame, "unha experiencia moi simpática, coa que pasamos moi bos momentos e que foi idea de Segundo Grandío". Así, el espera que o traballo realizado sexa recoñecido. "Houbo moita complicidade entre a discográfica, a produtora (Uxía Senlle) e Segundo Grandío. Fixeron un traballo de calidade e espero o respecto da crítica."

Unha traxectoria considerable
Ademais de Vida Miña, o cantautor galego conta con outro disco, Emilio Rúa (2000), no que aparece o tema Querida alegría, co que obtivo o primeiro premio no Festival de Cantautores de Elche. Un ano antes, no 2004, Emilio Rúa gañou o segundo premio no certame Cantigas de Maio (2004). “Isto foi un pulo á miña traxectoria, sobre todo porque recibín os premios sendo o único que cantou nunha lingua distinta ao castelán”.
Como abreconcertos, Rúa tamén tivo as súas experiencias, pois tocou no mesmo escenario que Ismael Serrano, Pedro Guerra e Mercedes Ferrer. “ Isto é moi enriquecedor, pois ves como outros artistas tocan en directo e espero que agora iso me sirva”.

Despois deste longo tempo de ausencia, no que estivo subsistindo dignamente coa súa música, Emilio Rúa confía que con Vida Miña a cousa cambie. "Foron seis anos de silencio e eu desexaría que fosen menos, pero as circunstancias e o panorama das produtoras galegas non o permitiron". Todo isto apunta a un salto na súa carreira musical, pois está a atravesar un momento clave nun mundo do que, como el expresa, non é doado vivir.

comentarios [ 4 ]

EMILIO RUA

ROSA
11.10.2006 01.45
COMENTAR QUE MERQUEI O ÚLTIMO TRABALLO DE EMILIO RUA "VIDA MIÑA" E A VERDADE É QUE ESTOU SUPER EMOCIONADA CADA VEZ QUE O ESCOITO, EMILIO RUA É UN ARTISTA,UN LUXO QUE TEMOS NA NOSA TERRA,COMO GALEGA QUE SON SINTOME ORGULLOSA DE TER ARTISTAS COMA EL.
ROSA MIRANDA

ERES GRANDE PEQUENO

TIA MARIA
08.09.2006 00.33
MERECE A PENA TER UN CD QUE SEXA ALGO MAIS QUE MÚSICA, QUE SEXA LETRAS COMA AS DE EMILIO RÚA CON UN SENTIMENTO TAN PROFUNDO, QUE TE FAN SENTIR PRETO DA TÚA TERRA, DA TÚA XENTE, CANDO ESTAS FORA DE GALICIA. ESCOITALO E UN VERDADERO PRACER TRANSMITE TRANQUILIDADE E SI ADEMAIS A MÚSICA LLE SUMAMOS UNHA VOZ DULCE FAI QUE SE CONVIRTA NUN TRABALLO PARA ESCOITAR E DISFRUTALO.
A TIA MARIA ESTA ORGULLOSA DO SEU SOBRIÑO (UN SAUDO)

CD DE EMILIO RUA

GATO13
17.07.2006 14.09
A verdade non sei se o CD é bo ou malo, o que sí sei é que a persoa q escribiu o artigo sabe chino no chollo este de escribir artigos jejeje

CD. DE EMILIO RUA

ISMAEL
16.07.2006 12.48
ACABO DE MERCAR O NOVO TRABALLO DE EMILIO RUA "VIDA MIÑA", E ENCANTOUME, É UN TRABALLO EXTRAORDINARIO, UN AUTENTICO LUXO, TANTO A SUA MUSICA, AS LETRAS,A SUA VOZ, AS COLABORACIONS DE X.M.BUDIÑO, UXIA SENLLE, PACO CHARLIN ETC. É FABULOSO, E EXTRAORDINARIAMENTE MOI, RECOMENDABLE, ADEMAIS TEN UN VIDEO CLIP MOI BEN FEITO, E TAMÉN ME ENCANTOU O MAKING-OFF. É UN TRABALLO ACTUAL, FRESCO, É UN LUXO TER NA NOSA GALIZA UN ARTISTAS DESTE NIVEL .
ISMAEL GOMEZ

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Añadir a Del.icio.us la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Añadir a Menéame la noticia Emilio Rúa, a voz da esperanza
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade