Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Sábado 21.02.2009  |  Actualizado 16.28
A Contra 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Añadir a Del.icio.us la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Añadir a Menéame la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

foto finish

Poña un Shakespeare na súa vida

POR J. MIGUEL GIRÁLDEZ

Este home que ven aquí, que mira intensamente a caveira hamletiana, aínda que é unha caveira falsa, fake total, é o bo amigo e mellor colega Santiago Jaureguizar, grande escritor deste país e un dos conversadores máis irónicos e cáusticos que coñezo (coñezo bastantes conversadores). Un polemista de capa e espada. Entrevistei o outro día para Radio Obradoiro (O sabado libro, hoxe, 11.15 horas) este home que ven aquí, o home que mira intensamente a caveira hamletiana. O tipo ía nun tren. No Expreso de mediodía, desde Lugo a Coruña. Facía tempo que non facía unha entrevista en directo con alguén que vai nun tren, cos ruídos do tren, coa xente que pasa polo tren, cos altofalantes das estacións. E neste plan. Magnífico.

Onte, o gran Jaureguizar, Jaure para os amigos, levoume a presentar o seu Globo (O Globo de Shakespeare) á Libraría Couceiro, que é unha librería para gozar. Jaure falou con detalle deste libro labiríntico, que ademais é o seu, cheo de enredos e de carreiros que se bifurcan. Unha comedia (unha traxedia) dos erros. Jaureguizar, Jaure, tamén podería ser pronunciarse Xaureguísar, ou Sauregísar, polo que di, mete toda a literatura nun pote. Mete a Shakespeare e mete a Gadis. Mellor para Gadis. Shakespeare, como está morto, non opina. No caso de que estea morto, porque non sabemos nada de Shakespeare. Ese é, precisamente, un dos argumentos desta novela de acción, novela negra, pero tamén novela elegante e hamletiana. A rara e neboenta biografía de Shakespeare. ¿Quen era este tipo? O tal Shakespeare, refírome. Jaureguizar, Jaure, leuno todo sobre o de Stratford. E logo foi a Stratford. Mólalle Shakespeare, é incrible o que pode dar de si un tipo do século XVI. Eu tamén son un seguidor destas cousas, e, quizais por iso, gocei moito co Globo de Shakespeare. Hai unha certa rareza literaria neste Jaureguizar, que adoita mesturar Hamlet con Zara, Coriolano e Gadis, As ledas comadres de Windsor e os deportivos Nike. "Eu son un escritor do meu tempo", di, máis ou menos. "Interésame o que pasa agora". E entón comeza a dicir que na literatura galega hai moitos clons de Ferrín, pero que Ferrín só hai un. E cousas así. Aquí é onde ves que Jaureguizar está na súa salsa. Na salsa/Shakespeare. "Pero Blanco Amor non era un escritor do seu tempo. Era un adiantado?, remata.

O outro día entrevistei a Jaure nun tren. Creo que xa o dixen. Non é que eu fose no tren, que tamén podería ser. Ía el. Eu estaba quedo e el movíase. Aquí poderíase falar da física, como pasou con Shakespeare. Jonathan Bate (Espasa) compara a biografía de Shakespeare co principio de indeterminación de Heisenberg. Prométoo. El genio de Shakespeare é un libro engaiolante do que, curiosamente, non falamos onte. Cada día saen no mundo varios libros sobre Shakespeare. Varios séculos despois. É alucinóxeno. É incrible. Moitos máis libros que sobre Mick Jagger. Moitos máis que sobre Kennedy. Máis libros de Shakespeare que best-sellers. Máis que de autoaxuda.

O Globo de Shakespeare non é só unha novela para shakespeareanos. Tamén é para ribadenses. Jaure adoita usar Ribadeo como skyline, como escenario, como plató.. Os personaxes desta novela son petreos, pero fráxiles. A novela é un río que termina nunha fervenza. Ricardo, o xiboso, ten un teatro no soto do seu pazo e ten un pai difícil. O teatro chámase O Globo. E no pazo atopa a primeira versión, orixinal, de Hamlet. Un día, Ricardo constrúe un globo para ir a Londres a comprobar se o manuscrito é auténtico. Tamén saen uns limóns verdes, pero non son os do Caribe. Frank Rinlo é estupendo. É un personaxe real que dobra a Clint Easwood na pantalla. Non o perdan de vista. Sebe gaña o premio de literatura Martin Códax, pero malia iso non arranxa o seu matrimonio con Adriana. Jaureguizar, Jaure, escribiu a súa mellor novela, por agora. E regresou aos seus escenarios, ás súas mesturas de alta cultura e supermercados, espagueti (western) e televisión. Con dobre de Shakespeare, porque hai que poñer a Shakespare nas nosas vidas.

Jaureguizar é un colega, un amigo. Un tipo que trae unhas galletas que docemente fai a súa muller, que onte quedou na casa. Cos dous cativos

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Añadir a Del.icio.us la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Añadir a Menéame la noticia Poña un Shakespeare
na súa vida
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade