| ||||||||||||||
Precisamente, Tabarés apelou á importancia das eleccións do 9 de marzo nas que "podemos conseguir que, cada vez menos cousas dependan do goberno do Estado e teñamos máis autogoberno". Para iso, "a forza do BNG", dixo, a diferenza doutros partidos con "hipotecas con grupos económicos e mediáticos", é a "forza da xente, e o noso motor é o amor e compromiso co país". Na mesma liña, Anxo Quintana advertiu que para "frear as ideas de Mariano Rajoy e do PP, a única menciña é Galiza e o BNG". Neste sentido, o líder do Bloque mencionou "o empeño do número un do PP en dicir que a xente ten problemas en Galiza para falar en castelán. Dicíndoo insulta a nosa intelixencia". Fronte a esta actitude, Quintana reafirmou o compromiso do Bloque de actuar sempre con transparencia e anunciou que acudirá ao debate na TVG ao que veñen de ser convocados os líderes das tres forzas políticas galegas, polo que emprazou a Pérez Touriño e a Núñez Feijóo "a acudir debater igual ca min, sen condicións previas. Porque o BNG non ten problemas en debater e o que quere é xustamente falar da actual situación política". Mentres, Paz Abraira incidiu en que as mulleres "tamén nos xogamos moito nestas eleccións" e referiuse ao aborto, "unha decisión non desexábel" pero na que a muller "debe ter o dereito a decidir sobre o seu propio corpo". E o BNG, insistiu, "é a única forza que defende aberta e claramente unha Lei de prazos". Para Davila "perseguimos un Estado que acepte un diálogo bilateral, en pé de igualdade con Galiza"e Jorquera, lembrou que nestas eleccións "o BNG vai ser decisivo". HOXE E MAÑÁIria Aboi fala en Gondomar A líder de Galiza Nova e número un ao Senado polo BNG, Iria Aboi; Anxo Quintana; o alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo e a candidata ao Congreso por Pontevedra, Olaia Fernández Davila celebran un acto en Gondomar hoxe ás 12.15 horas. Acto en Teo con Martiño Noriega Anxo Quintana co alcalde de Teo, Martiño Noriega e a militante nacionalista Iria Otero acompañan os números un e dous o Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera e Elvira Cienfuegos, mañá nun acto ás 20.30 horas no hotel Congreso de Montouto-Teo. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||