Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Portada 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Añadir a Del.icio.us la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Añadir a Menéame la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Da desidia á catástrofe

Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido

Os ecoloxistas denuncian que unhas obras nas Cíes destrúen a única poboación da herba "Erodium maritimun" que existía no Parque das Illas Atlánticas

MARÉR . SANTIAGO

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) denunciou a destrución da única poboación da herba de agulla Erodium maritimun que existía no Parque das Illas Atlánticas, que era unha das tres con que contaba España.

Esta poboación encontrábase nas inmediacións do faro das Illas Cíes, nunha chaira que se cubriu con baldosas, segundo constataron membros da asociación nunha visita á zona a fin de semana pasada, segundo informaron onte nun comunicado.

No Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España, do ano 2004, a Erodium maritimum, que está catalogada "en perigo crítico de extinción", encóntrase tamén en Santo André de Teixidio, na Coruña, e na illa Dragoneda, en Mallorca.

Para a FEG, "a desaparición da especie deixa claramente en dúbida o papel de conservación sobre a biodiversidade que se está a levar a cabo nun espazo para o que se presume o maior rango de protección". "Se esta é a situación do Parque Nacional", engade a asociación, "para o resto dos espazos naturais galegos estase a comprobar que a cousa pinta aínda peor en materia de conservación da flora e fauna máis en perigo de desaparición".

No caso da poboación destruída, o atlas citado polos ecoloxistas xa sinalaba que "nas Illas Cíes, a especie se sitúa no contorno dun faro moi visitado, cuxo acceso se somete anualmente a labores de roza que afectan á poboación".

O texto, publicado polo propio Ministerio do Medio Ambiente, agrega que "o grao de conservación das poboacións galegas, pese a estar incluídas nun P. Nacional e nun LIC (Costa Artabra), é moito máis deficiente".

Os ecoloxistas galegos sinalan que, "dos 32 exemplares que veñen censados na mentada publicación, agora non foi detectado ningún, e presúmese que, como as obras de adecuación do contorno do faro da illa foron anteriores ó período de floración e frutificación, a viabilidade da poboación queda practicamente anulada".

EN LIÑA

Unha situación de descontrol

Mentres as grandes campañas publicitarias tratan de concienciar os cidadáns do valor patrimonial da natureza, a realidade sobre o respecto do medio cuspe, con frecuencia, as evidencias dunha indecorosa falta de atención por parte das administracións. O caso das Illas Cíes, lamentablemente, non é o único e seguro que, ademais, tampouco é o último.

comentario [ 1 ]

Alguén xestiona o parque?

Heriberto
10.06.2006 11.41
O director do parque nacional (sic) é un incompetente e por iso colocaronno aí.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Añadir a Del.icio.us la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Añadir a Menéame la noticia Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido


Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
125 Galegos máis influentes
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade