defensa
"Dereito a sentirnos traicionados"
ISAAC DÍAZ PARDO
A A realidade é outra da que dan, en xeral,os medios sobre o "affaire" de Sargadelos, cando preguntan a todos menos a min.
Sr. Santiago Sineiro, avogado e até hai poucas semanas administrador de Sargadelos, quen recibeu as súas participacións sociais na empresa gratuitamente, igual que a súa señora, tamén gratuitamente, as que ten no Seminario de Sargadelos.
Mentras nós estabamos ocupados na imaxe das empresas, o Sr. Sineiro, foi modificando unha das sociedades de servicios como é o Grupo Técnico e organizador da Cerámica de Sargadelos, convertendoa nunha sociedade puramente mercantil, até prescindindo da miña presidencia que me corresponde por presidente de Sargadelos, todo elo mediante firmas falsas e outras que se estamparan sen enterarse a que respondían, fiados en que os conceptos serían honestos.
Por outra banda, o Sr. Sineiro, como avogado, viña colabourando principalmente na Fundación Sargadelos desde hai cinco anos; mais non lograbamos que o rexistro lle dese número, até que un profesor mercantil tomou da súa man a fórmula necesaria e o Rexistro aceptou á Fundación.
A partir deste intre o Señor Sineiro que xa era secretario da Fundación Sargadelos, sacou a careta e púxose a traballar contra a Fundación e contra nós, e co señuelo de apoderarse do patrimonio das Sociedades do Grupo convenceu aos catro compoñentes dunha familia, todos eles indocumentados, que como el recibiran as súas participacións sociais que teñen nas empresas.
Coido que todos temos dereito a sentirnos traicionados pola manobra do Sr. Sineiro, quen co Sr. Segismundo García estiveron extorsionando ás empresas do Grupo tratando de servir claramente a grupos reaccionarios aos que lles molesta o labor comprometido que facemos, pois acusánnos de que somos os galeguistas históricos os que nos estamos beneficiando deste labor.
O Grupo son un lote de Sociedades, pero en conxunto trátase dunha soia empresa recuperadora da memoria histórica e como tal atópase extorsionada por estes dous Señores, que coido, están incursos no art.243 do Código Penal, que trata da extorsión.
Que me botaran a min por vello... Pero botaron ao meu neto, Daniel, avogado, e aos meus dous fillos, Camilo e Xosé que son os únicos, ademais de dous que queda do Grupo Técnico, que conocen técnica e diseñística o espírito de Sargadelos, pois traballaron sempre ademais de comigo, tamén xa dende a Argentina con Luis Seoane. Polo que todo está moi claro.
comentarios [ 8 ]
Verbas para Elena Gómez
Trasalba
27.04.2007 22.00
Este señor (que si o é) non precisa, a estas alturas, ter ningun tipo de audiencia da súa parte; porque hai décadas que a súa "audiencia" ven apoiando o proxecto Sargadelos. Un proxecto que, sen dúbida algunha, é algo máis que unha empresa; e iso sabémolo ben moitos galegos e galegas que atopamos unha ricaz simboloxía tralas cores branco-azul da súa cerámica. E iso foi o motor do crecemento do Grupo, o respaldo obtido por un un amplo sector de gallegos. Pero abondar en todo isto é tan absurdo, como non crer que o sol sae polo Leste.
En canto á frase: "Igual que no le interesa decir otras muchas cosas". Dame a sensación de provir dunha ética un tanto retorcida; no senso de pretender deixar aberto o camiño á dúbida negativa, pero sen dicir nada. As cousas son, ou non son, do mesmo modo que a información veraz ou a incerteza. De aí que ante estas frases, o mellor é respostar na mesma liña: Ti mesma.
Persoalmente, penso que Isaac estivo sempre onde debeu, con posicionamentos transparentes e comprometidos. De aí a súa grandeza, e de aí tamén o apoio da meirande parte dos galegos coñecedores da historia deste país.
neno de papa
a ese novo presidente lle vai quedar o traxe, moi ancho.mal te aconsellaron rapaz,
sargadelos e unha empresa ou unha ong?
que pais....
13.11.2006 00.09
sargadelos e unha empresa, unha ong, ou outra cousa?
cantas subvencions recibiu?
NO ESTOY CONFORME
ELENA GÓMEZ
10.11.2006 16.26
El tiempo pondrá a todos en su sitio. Su hijo Camilo sigue trabajando en la empresa, y su hijo José hace muchos años que no está. Su nieto Daniel se fué él, nadie lo obligó a marchar. Todo esto, este señor no lo dice, porque quiere tener a la audiencia de su parte. Igual que no le interesa decir otras muchas cosas.
golpe de estado en Sargadelos
Mariano Grueiro
20.08.2006 20.37
Fun inspirado, no seu momento , a entrar no eido do deseño gráfico por mor do exemplo, vida e obra, de Isaac Diaz Pardo.
Hoxe e o dia que xa non teño ilusión por tentar traballar nun sitio no que se da un golpe de estado a historia galega viva
GALICIA NON PODE FICAR NA INDIFERENCIA
ALBERTO VALÍN
29.07.2006 10.33
Galiza non pode ficar na indiferencia ante esta falcatruada, non pode permitirse perder ese enorme patrimonio cultural que é a obra vital dun HOME imprescindible para ela como Isaac Díaz Pardo. O goberno da Xunta ten que facer o que ten que facer, Queren ter ideas do que hai que facer coa Cidade da Cultura? ...Pois ahi teñen qué facer cunha parte de ese diñeiro. Adiante coa loita Isaac!!!
GALICIA NON PODE FICAR NA INDIFERENCIA ANTE O PROLEMA DE ISAAC
ALBERTO VALÍN
29.07.2006 09.52
Todos estamos amolados co problema de Isaac. A cousa non pode ser máis seria. Pode haber moitos intereses empresariais de fora de Galiza con ganas por comprar o apetecible grupo de porcelanas . O goberno da Xunta deberia "observar" o que esta a pasar. A miña agradecida solidariedade con Isaac e os seus fillos.
Apoio a Díaz Pardo
é unha vergoña que uns delincuentes podan afastar a un home da súa obra.
www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.