| ||||||||||||||
Des que a primeiros do pasado maio se produciu a xunta de accionistas de Cerámicas do Castro e Díaz Pardo se autoexcluíu "para que non me explusasen", a vida deste home de 85 anos -"teño un ano menos do que eles din, que até nisto me queren facer aínda máis vello"- vive nun continuo sobresalto, acelerado a pasada semana cando os accionistas tamén o afastaron do consello de administración das Cerámicas de Sargadelos, algo que el -asegura- non esperaba. Sobre Santiago Sineiro -avogado de Sargadelos e outrora home da súa total confianza- bota Díaz Pardo as responsabilidades desta "estratexia de gánsters". A el atribúelle as responsabilidades de "falsificar" unha sociedade -o Grupo Técnico e Organizativo de Cerámicas de Sargadelos S.L.- para darlle entrada a un accionariado alleo ao grupo que, finalmente, sería -di- "o que me botou a min e aos meus fillos do consello de administración de Sargadelos". Amparándose nesa "falsificación", Díaz Pardo pretende agora impugnar nos xulgados esa xunta e lograr que "cautelarmente" sexan suspendidas as decisións nela tomadas. E "pouco máis podo facer", conclúe o empresario, que se define como "un home pragmático dentro dunha empresa idealista". O resto pasa por "esperar", porque "van caer polo seu propio peso". Nesa última apreciación inclúese o agoiro de que Cerámicas do Castro "non vai pasar de xaneiro", porque a xuízo de Díaz Pardo o novo consello de administración está formado "por xente que nunca colleu un libro e incapaz de xestionar unha empresa". Gustaríalle desfacerse das accións que ten do Castro -é o socio maioritario- e, de feito, confesa que tratou de vendelas pero os interesados en adquirilas volvéronse atrás porque nos lles aceptou a súa condición: que se mantivese como unha figura referencial na empresa. "Eu", apresúrase a puntualizar, "non estou disposto a seguir traballando con esa xente". Tampouco aceptaría formar parte do consello de Sargadelos, malia que -suxire- esa foi unha cuestión que os novos accionistas maioritarios trataron de negociar. Fronte a esta augación de feitos, Díaz Pardo recoñece que nunca sospeitou nada até hai "cinco ou seis meses, e cando o sospeitei, xa era tarde". De novo carga tintas contra Sineiro e cavila: "El era o encargado de converter Sargadelos nunha fundación, que deía protexer o nome de Sargadelos. Durante cinco anos, eu pensei que me estaba axudando. Estaba equivocado. Xa debín desconfiar entón de que, e eses cinco anos, fose incapaz de conseguir o número da fundación: sempre nos devolvían os papeis. Un profesor mercantil foi o que avisou de que estabamos facendo mal as cousas e, daquela, rectificamos. E en canto nos deron o número e a fundación parecía xa alcanzable, vai el e arma toda esta falcutrada. Ao resto, engatusounos el, estou seguro. El e Segismundo García, que ten pouco máis do oito por cento das accións". XUNTANZAPoderá quedar no IGI Finalmente, Isaac Díaz Pardo poderá seguir como conselleiro delegado do IGI. Así o informou onte o propio Díaz Pardo -con verdadeira emoción- despois da reunión da xunta da accionistas que concluíu sen outro asunto que aprobar as contas do exericio. "Despois de botarme de todas parte, aínda me deixaron quedar aquí", subliñaba o empresario e artista nunha conversa telefónica nun ton moito máis distendido que pola maña, cando mantivo unha entrevista con GALICIA HOXE para explicar a situación que rexistran desde hai uns meses as empresas de Sargadelos. E é que Díaz Pardo xa daba por descontado que o ían "exiliar" do seu IGI, un enorme edificio ás aforas de Compostela que, no seu día, xurdiu para converterse na sede dun xornal até agora frustrado. "Se eu tivese que marchar do IGI, podía levar o oitenta por cento das cousas que hai dentro, porque todo o que ves é meu, que non lle pertence á empresa". comentarios [ 7 ]Cría corvos...
Matxus
03.01.2007 00.04
Cría corvos e comeranche os ollos... o certo é que Santiago Sineiro para moitos non se 'descubreu' agora. Moitos xa sabiamos quen era, desde hai mais de 30 anos... desde que, case sen roupas que vestir, veu para Sargadelos e Isaac lle deu traballo e pan para comer... así llo paga!. Non cantes victoria Sineiro... quen ri o último, ri mellor... e desde logo, o tempo pón a todo o mundo no seu sitio!. Tí non eres dunha 'pasta' especial... así que, levarás o teu merecido... chulibambas!
todo menos a falsamente tópica resignación
alberto valín
24.07.2006 10.51
Galiza non pode permitirse perder ese enorme patrimonio cultural que é a obra vital dun HOME imprescindible para ela como Isaac Díaz Pardo. O goberno da Xunta ten que facer o que ten que facer, Queren ter ideas do que hai que facer coa Cidade da Cultura? ...Pois ahi teñen qué facer cunha parte de ese diñeiro. Adiante coa loita Isaac!!!
¿Qué se pode facer?
Bolboreta
16.07.2006 18.19
Ola, eu xa asinei pero..q máis se pode facer?
Non me gustaría que dentro dun tempo vexamos q non se fixo nada... sería unha pena. Penso q lle hai q dar máis publicidade ó asunto. CRIA CORVOS
henrique Fernández Sánchez
04.07.2006 02.20
Isaac: ointe dicer por dúas veces eiquí en Barcelona que o teu era templar gaitas e limpar merda. Pois fora merdas carallo!!.Outramentes: cría corvos e sacaranche os ollos.
Há especimes que nascen para estoupar o que sexa. Ti es valente e non estás só. A por iles! Os cobizosos estragan canto abrazan.
Neno
03.07.2006 16.28
Sargadelos é un soño, os que soñan co negocio van saborear o amargor do fume. Resiste Díaz Pardo.
Nacionalizaçom
eu
03.07.2006 14.43
Nacionalizaçom de Sargadelos e cerámicas do Castro JÁ!!!! Se som um símbolo da Galiza, debem nacionalizar-se
Yo soy el más culpable, dejarme junto al Muro
Nemo
02.07.2006 11.27
Ha llegado la hora de las arpas salvajes,
de los tambores crueles, de las gaitas de niebla. En mi país delgado de viñas y traiciones apóstoles de nieve por los cielos galopan, arados desentierran sangrientas porcelanas delgadas muchedumbres de pálidos objetos. Venid a contemplarme sumido en la maleza. Yo soy el más culpable, dejadme junto al Muro, dejadme en la Quintana gimiendo sobre el Muro, derramando arroyuelos de vidrio enamorado. Escribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||